Unha nova versión da web corporativa do Consello Regulador da D.O. Valdeorras xa está en marcha. Trátase dunha proposta de mellora que se centra en dous puntos fundamentais: o contido especializado, e un deseño máis áxil para os usuarios.
A información que se atopa na nova web, enfocada exclusivamente nos viños de Valdeorras e a súa viticultura (tipos, modo de produción, xeografía, climas, etc.), ofrécese de xeito accesible e navegable a través dun sinxelo menú, que organiza e prioriza dita información pensando nos dous tipos de visitantes que accedan a ela. Estes serán, o potencial consumidor dos viños, que busca información sobre a D.O. e as súas adegas, e o abanico de profesionais que se relacionan coa D.O. (provedores, adegueiros, técnicos, etc.).
Para logralo, a arquitectura ideada para a nova web, prioriza na “Home” os contidos máis interesantes e atractivos para o consumidor, deixando para unha navegación máis profunda, a información máis ténica e profesional, sempre ofrecida de xeito claro e directo.
Outro dos cambios estratéxicos, foi darlle presenza e importancia ás campañas de comunicación postas en marcha polo Consello Regulador, máis aló da repercusión alcanzada nos medios de comunicación durante o seu lanzamento. É por iso que a web está presidida polo último anuncio da D.O., “O legado de Valdeorras”, unha campaña que reivindica a orixe e a autenticidade do viño Godello da comarca. Trátase, sen dúbida, dunha aposta firme por darlle máis presenza a contidos relacionados co marketing que desenvolve a D.O.
Acceso directo ós contidos relevantes
Sen sair da “Home”, inmediatamente debaixo do espazo de dito anuncio, amósase o acceso ós viños, ás adegas e ás experiencias directamente ligadas á viticultura, coa idea de que o visitante nun só click, poida acceder á información máis importante relativa á producción, ás adegas e á potencial visita á comarca.
O deseño da nova web, é simple e funcional, e cede todo o protagonismo ás imaxes, onde se amosa toda a beleza de Valdeorras e os condicionantes que determinan a excelente calidade dos viños que producen as adegas amparadas pola Denominación de Orixe.
Esta acción enmárcase dentro dunha serie de cambios sobre a imaxe corporativa do Consello Regulador, q afectará próximamente ás precintas certificadoras (tirillas identificativas da Denominación de Orixe, que sirven para garantir a autenticidade e o control de Calidade), e ás etiquetas das botellas de viño xenérico que a D.O. Valdeorras utiliza para os eventos.
Para acceder á nova web, faga click na seguinte ligazón: https://dovaldeorras.gal/