O Consello Regulador da DO. Ribeiro “moi satisfeito” da súa participación en “Vinis Terrae”

Publicidade
O Consello Regulador da DO. Ribeiro “moi satisfeito” da súa participación en “Vinis Terrae”

Como actividade complementaria ao salón, un grupo formado por 20 persoas, nos que se atopaban importadores e distribuidores, fixeron un pequeno percorrido polo D.O. Ribeiro onte pola tarde, visitando a adega Ramón do Casar, en Castrelo de Miño

O C.R.D.O. Ribeiro asistiu cunha caseta propia nesta novena edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade Vinis Terrae, que tivo lugar os días 14 e 15 de xuño en Expourense (Ourense) en horario de 10.00 a 18.00 horas. Doutra banda, un total de 15 adegas da denominación de orixe presentáronse pola súa conta neste evento, onde mostraron máis de 50 viños, nos que se inclúen brancos, tintos e tostados ao grupo de profesionais do sector que visitaron a feira.

Como actividade complementaria ao salón, un grupo formado por 20 persoas, nos que se atopaban importadores e distribuidores, fixeron un pequeno percorrido polo D.O. Ribeiro onte pola tarde como colofón do evento, visitando o Museo do Viño de Galicia, seguido da visita á adega Ramón do Casar, en Castrelo de Miño con posterior degustación dos seus viños harmonizados con produtos galegos de calidade.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, sinala que “queremos mostrar non só a calidade dos nosos viños no D.O., senón tamén a riqueza paisaxística, patrimonial e das nosas xentes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información