O Consello de Ministros aproba a modificación do real decreto pola que se establece a obrigación de indicar no campo visual principal da etiqueta a porcentaxe que representa cada un dos países de orixe no caso de mesturas. A implementación destas medidas permitirá que o consumidor esté mellor informado do que compra. O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia recibe con satisfacción a aprobación do pasado martes.
O consello regulador traballou de maneira activa, xunto ao sector, pola defensa e protección do consumidor, promovendo unha etiquetaxe clara e transparente para o mel. Durante o período de audiencia, Mel de Galicia realizou contribucións ao borrador, avogando pola protección da súa denominación.
Ademais, ante o crecente problema de desinformación sobre a adulteración e a fraude no mel, a aprobación da modificación supón un paso positivo cara á protección da calidade e autenticidade do mel no mercado. Este avance permitiralles aos consumidores identificar con claridade e precisión a verdadeira orixe do mel que consomen, fortalecendo a súa confianza nos produtos locais.
Desde o consello regulador animan aos consumidores a comprar Mel de Galicia, “un produto con certificado que conta cun control estrito desde a colmea até o punto de venda”. Cunha simple ollada vendo a contraetiqueta de Mel de Galicia no bote xa non ten que preocuparse de descifrar a etiqueta comercial.
Solicitan ás grandes cadeas que faciliten a comercialización de Mel de Galicia a nivel nacional
Na etiquetaxe, debe figurar de maneira destacada a denominación “Mel de Galicia Indicación Xeográfica Protexida”, xa sexa en galego ou castelán, xunto co logotipo europeo da indicación xeográfica protexida. Isto converte a Mel de Galicia nun produto facilmente reconocible, de calidade e confianza para o consumidor. Pero, sobre todo, o que a fai máis recñecible é a contraetiqueta que tamén serve de precinto de garantía e vai desde a tapa cara á parte de atrás dos botes.
A contraetiqueta de Mel de Galicia, é o precinto que garante que se trata dun produto 100 % galego, sen mestura con outros meles e cumpre os requisitos de calidade establecidos no prego de condicións publicado en Europa, máis restritivos que a norma de calidade do mel a nivel España.
Tamén solicitan ás grandes cadeas que faciliten a comercialización de Mel de Galicia a nivel nacional, para que así os consumidores poidan beneficiarse dun produto galego e de calidade.
Conclúen destacando as cifras do 2024, ano no que chegaron ás 45 envasadoras certificadas, que apostan polo valor engadido. Ademais, han etiquetaxe máis de 200.000 kg de mel, un 20 % máis que en 2023.