O Consello Regulador da D.O. Valdeorras celebrou esta tarde ás 18:30 horas en Bilbao, unha cata maxistral, invitado pola Asociación de Sumilleres de Vizcaia. Os anfitrións organizaron esta actividade na que participou “unha representación de viños, un pouco singulares, da nosa D.O.”. Así o explica Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador e tamén director de dita cata.
O evento incluiu a súa vez, a celebración dun túnel do viño, no que se combinou a degustación dos viños valdeorreses amparados, con queixos procedentes das Denominacións de Orixe Protexidas (D.O.P.) Tetilla e Arzúa-Ulloa. Para Mazaira, “sempre é importante reforzar as catas que fagamos, con bos productos que ademáis, son da nosa terra”.
Uns 40 profesionais do mundo do viño acudiron á cita, nun evento, só para asociados, que se celebrou no Hotel Ercilla de Bilbao.
Galego









Control OJD