O Consello Regulador da D.O. Valdeorras, primeiro en firmar un convenio co selo europeo Fire Wine

Afianza así o seu compromiso ca paisaxe, a biodiversidade e a resiliencia da terra onde nacen os viños que ampara

Publicidade
 Soazig Darnay, en representación de Fire Wine, e Marcos Prada, presidente do CRDO Valdeorras

Soazig Darnay, en representación de Fire Wine, e Marcos Prada, presidente do CRDO Valdeorras

O Consello Regulador da Denominación de Origen Valdeorras é o primeiro en asinar un convenio co selo europeo Fire Wine, desenvolvido polo Centro de Ciencia e Tecnoloxía Forestal de Cataluña (CTFC).

Fire Wine é unha iniciativa que se enmarca dentro do proxecto europeo Fire-RES de innovación tecnolóxica, para a promoción de paisaxes resilientes e a prevención de lumes forestais en Europa. O objectivo de Fire Wine é dotar ás fincas forestais, ubicadas en territorios vitivinícolas, de ferramentas e modelos que estimulen a creación de paisaxes preparados para prevenir e, no seu defecto, recuperarse e reducir as perdas provocadas polos incendios.

A rede Fire Wine traballa coa vontade de compartir experiencias de éxito que permiten mellorar os estándares de calidade e producen modelos respetuosos ca paisaxe, a biodiversidade e a resiliencia da contorna. Estos modelos demostran, a miúdo, ser tamén a mellor opción na loita para frenar as consecuencias do cambio climático.

Así o explicou Soazig Darnay, investigadora do CTFC especializada na xestión da paisaxe e o desenvolvemento rural desde 2005, ano da súa instalación na Denominación de Origen Penedès (Barcelona), e que desde 2021 traballa na xestión do risco de lumes desde as paisaxes agrarias.

Este paso adiante do Consello Regulador, non é senón unha parada máis do camiño que emprendeu estes últimos anos, apostando por proxectos de calidade que ensalzan o valor do pequeno. O máis recente, deuse a coñecer fai nove meses, cando se convertiu na primeira denominación de orixe española en ser partner oficial da entidade formativa internacional máis prestixiosa do mundo do viño, a WSET.

O centro de investigación

O Centro de Ciencia y Tecnología Forestal de Catalunya (CTFC) é un centro de investigación público adscrito á Generalitat. Ten como objectivo contribuir á ciencia nos campos da xestión forestal multifuncional, a conservación da biodiversidade, a dinámica e planificación da paisaxe, e a bioeconomía.

É un hub ou centro de operacións de excelencia en investigación e transferencia de tecnoloxía para a sociedade. Conta cun modelo de investigación interdisciplinaria, vinculada ao territorio, cunha clara orientación cara a promoción de modelos de paisaxes multifuncionais máis resilientes ante os cambios sociais, económicos e ambientais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información