O Consello Regulador da D.O. Valdeorras elixe a Marcos Prada Ginzo como novo presidente

O adegueiro, de 45 anos de edade, xa foi vicepresidente do organismo no mandato anterior

Publicidade
Marcos Prada Ginzo, nuevo presidente del CRDO Valdeorras. Foto: Cedida

Marcos Prada Ginzo, nuevo presidente del CRDO Valdeorras. Foto: Cedida

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras nombrou a Marcos Prada Ginzo, de Adega Melillas e Fillos, como novo presidente, nun pleno extraordinario urxente celebrado na mañá de hoxe.

Trala aceptación da dimisión de José Ramón Rodríguez Castellanos, procedíase á elección do novo presidente, aprobada por maioría, sen ningún voto en contra.

Marcos Prada asumirá esta nova responsabilidade co obxectivo de dar continuidade ao traballo realizado nos últimos anos no Consello Regulador. Un organismo que coñece perfectamente, xa que exerceu como vicepresidente primeiro na pasada lexislatura, durante o mandato de José Luis García Pando.ç

Nado en Suiza no 1979, Marcos Prada Ginzo residiu durante 18 anos no país helvético. É Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe un MBA en Administración e Xestión de Empresas e tamén é experto en Marketing Dixital e Ecommerce no Sector Vitivinícola pola Galicia Business School.

Marcos Prada fala alemán, francés e inglés, además de galego e castelán. Durante 12 anos formou parte do Departamento de Exportación de varias empresas adicadas á producción e comercialización da pizarra. Desde 2010 é xerente e copropietario de Adega Melillas e Fillos (ubicada na Rúa), ampliando a súa formación co curso superior en Dirección de Empresas Vitivinícolas pola GBS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información