O Consello Regulador busca a consolidación dos viños de Valdeorras na feira máis internacional, ProWein

Publicidade

prowein valdeorras 1O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras remata hoxe a súa participación na 31ª edición da feira ProWein, “a cita máis internacional das que asiste o Consello Regulador” – asegurou o seu presidente, Marcos Prada – “á que veñen profesionais de todo o mundo”.

Según explica Prada, este ano a asistencia a esta feira cobra se cabe máis valor porque “sen dúbida é o mellor escenario para establecer contactos con diferentes países”, sobre todo “tal e como está a situación no mundo”, conta, “é importante expandirse noutros lugares para ter unha base sólida en caso de que faga falta”. A considerada como feira número uno para o sector do viño e as bebidas espirituosas, que cubre o mercado mundial completo, abría a súas portas o pasado domingo co eco dunha nova amenaza arancelaria de Estados Unidos, esta vez sobre a venda de viño a este país.

Consolidación do viño de Valdeorras

O traballo de promoción e búsqueda da consolidación do produto que se ven realizando desde a D.O. Valdeorras desde fai anos, tamén se palpa nesta nova edición de ProWein. “Hai moita xente que se achega ao stand coñecendo qué facemos, coñecendo Valdeorras e o seu Godello, sabendo quenes estamos detrás elaborando esos viños”, explica Marcos Prada.

Para quenes aínda non o coñecen, conta o director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, que ProWein é “unha feira que alberga un volume de xente tres veces máis grande que outras feiras”, polo que “aumentan tamén as oportunidades de darnos a coñecer”.

Durante os tres días que durou a feira, 31 viños (23 deles viños brancos da variedade Godello e o resto de variedades tintas) de 17 adegas amparadas, expuxéronse a moi variados perfís de públicos diferentes. Según explica Prada, “os resultados do traballo que fixemos nestes tres días verase reflectido ao longo do ano nas adegas que viñemos a representar desde a D.O. Valdeorras, agardo que moi positivamente”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información