O concurso de máquinas destacadas de Cimag Gandagro distingue 12 innovacións

O concurso de máquinas destacadas de Cimag Gandagro distingue 12 innovacións

Premio entregado al tractor New Holland T6 Methane Power

A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, que comezou este xoves e se celebra ata o sábado en Silleda, distinguiu 12 innovacións no seu concurso Maquinas Destacadas Cimag, que premia as innovacións en maquinaria que destaquen polos avances en deseño, prestacións e/o calidade do traballo.

As distincións foron as seguintes:

  • Tecnoloxía de agricultura de precisión John Deere MachineSync.

    Presentada por Agrícola Noroeste, esta tecnoloxía, baseada en GPS, permite a sincronización da velocidade e dirección da colleitadora e o tractor con remolque durante a descarga en movemento, proporcionando máis seguridade ao operador e á máquina.

  • john deere

  • Claas CEMIS 1200 DIGITAL 4.0
    É un terminal táctil de guiado manual, autoguiado e Isobus conectado a unha nube de xestión agrícola e ao Telematics da maquinaria onde vai instalado. Permite programar as tarefas, mandalas vía online ata o terminal e volver enviar datos desde o mesmo para posterior rexistro do traballo.
  • Rotoempacadora de cámara variable con Smart Density Claas VARIANT 500
    Inclúe regulación automática e manual da densidade segundo o tipo de forraxe a empacar e axustes personalizados a través do terminal ISOBUS da máquina que permiten determinar o núcleo da paca.
  • Remolque autocargador Pöttinger JUMBO 7400
    Remolque apto para o transporte de diferentes mercadorías, que destaca polo seu máximo rendemento, alta eficacia, eminente seguridade de uso e máximo confort.
  • Rastrillo hilerador de cinta arrastrado Pöttinger MERGENTO VT 9220
    É un rastrillo hilerador de nova xeración, cun ancho de traballo de ata 9,20 m, con depósito de fileira central ou de 8,60m con fileira lateral, que une a máxima flexibilidade de uso e seguridade en todos os cultivos con máxima calidade de forraxe.
  • Báscula para unifeed Dinamica Generale DG 8000 IC (Electricidade Mario)
    Formula a receita baseada nunha inxesta diaria de materia seca para cada lote, xestiona as premezclas, manexa os rexeitamentos por lotes e fai un seguimento da eficacia laboral dos operarios.
  • Tractor New Holland T6.180 METHANE POWER (Presentado por Fariña Maquinaria)
    É o primeiro tractor do mundo de produción en serie propulsado 100% por metano, clave para a redución de CO2 sen comprometer o rendemento, achegando os mesmos niveis de par e potencia que o seu equivalente diésel e aforrando ata o 30% en custos de funcionamento.
  • Tractor Valtra Q 305 (Presentado por Hitraf)
    Combina potencia, practicidade, precisión e rendemento para mellorar a eficiencia e rendibilidade, destacando a súa suspensión, asistente hidráulico, cargador frontal intelixente e a posibilidade de realizar todo tipo de traballos de municipalidade, forestal ou outro tipo de tarefas.
  • hitraf

  • Rotocultivador Ozdoken ROTOKUL 620 (Presentado por Magrican Aperos y Repuestos)
    Está provisto de aneis de escardado rotatorios que enterran ou arrincan de raíz a maleza, proporcionan osíxeno ao chan e rompen as incrustacións lixeiras do terreo, diferenciándose pola súa anchura de traballo, dimensións de transporte encartado ou rodas de apoio.
  • Plataforma de xestión integral e valorización dos xurros Agroxcontrol (Presentada por Plumed)
    Permite a análise, control da aplicación no campo dos xurros e xestión automática de toda a documentación do proceso.
  • Manipulador telescópico supercompacto Bobcat TL 25.60 (Presentado por Talleres Turquino)
    Con cabina máis espazosa e confortable, grazas ao seu deseño ergonómico que aumenta a produtividade e cunhas dimensións compactas e unha excelente maniobrabilidade, que fai posible traballar en lugares estreitos sen comprometer as prestacións.
  • Minicargadora articulada multifunción Avant 860i (Presentada por Torneiro Maquicoruña)
    É o modelo máis grande e forte da marca, coa maior capacidade e altura de elevación, compacta, versátil, estable por ter o centro de gravidade baixo a máquina, cun sistema que reduce o número de compoñentes hidráulicos e optimiza o mantemento, e un brazo telescópico desprazado ao lateral con perfecta visión do implemento e da área de traballo.

Ao concurso foron presentadas 20 innovacións por parte de 12 empresas expositoras, as cales foron avaliadas por un xurado composto por Javier Bueno, do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Enxeñería (USC), Ignacio Ruiz, secretario xeral da Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes (Ansemat) e Fernando Santos, do Departamento de Agronomía da Universidade de Tras-os Montes e Alto Douro.

Os galardóns foron entregados esta tarde no marco do certame polo director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Silvestre José Balseiros; o coordinador de Abanca Agro en Galicia, Alberto Silva; parte do xurado do concurso e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.

Ademais deste concurso, a feira Cimag Gandagro fallou hoxe os premios do concurso de Innovación.

Nudesa, Innogando e Prefabricados Faro, premios Gandagro de Innovación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información