O Concurso de Gando da Moexmu, que cumpre 40 anos, será a segunda fin de semana de abril

A Semana Santa, que cadra en 2026 na primeira semana de abril, obriga a retrasar o único certame morfolóxico que se mantén vivo na provincia de Lugo

Primeira Exposición de Gando de raza rubia galega da Moexmu no ano 1987

Primeira Exposición de Gando de raza rubia galega da Moexmu no ano 1987

A Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) retrasará unha semana a súa celebración o vindeiro ano debido á que a Semana Santa coincide no 2026 coa primeira fin de semana do mes de abril, a data habitual de celebración da Moexmu. Por iso, a Moexmu 2026 será os días 10, 11 e 12 de abril, segundo deu a coñecer este venres a comisión organizadora, formada por gandeiros e empresarios da localidade. 

O programa da Moexmu, que chega o vindeiro ano á súa edición número 42, manterá un lugar destacado para o Concurso de Gando Frisón, o único que se mantén vivo na provincia de Lugo, e a Exposición de Gando de raza rubia galega. Os dous certames cumpren no 2026 40 anos, mentres que a Poxa de Gando Selecto de raza frisoa chega á edición número 30.  

O Concurso de Gando e a Poxa contan coa colaboración de Africor Lugo

“Corentas edicións apoiando o traballo dos nosos gandeiros e gandeiras, desde que no ano 1987 se iniciara o concurso e a exposición nuns stands de xestas que preparaba a veciñanza de Muimenta, nos terreos que hoxe ocupan o Colexio Público de Muimenta, ata que no ano 1991 se estreou a actual Recinto Feiral Manuel Vila, o cal foi mercado cos cartos dunha masa forestal propiedade da veciñanza”, destaca José Manuel Rus, coordinador da Moexmu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información