O concello lugués de Friol albergará un innovador centro de incubación de ovos do grupo Vall Companys

centro procesado ovos valls companys friolAvícola de Galicia, S.A.U., en colaboración co Grupo Sada, S.A., anuncia a construción dun moderno Centro de Incubación de Ovos no municipio de Friol. Este ambicioso proxecto contará cun investimento inicial de 20 millóns de euros.

Precisamente este venres, representantes da compañía, Martín Segovia, director de Integración Avícola de Galicia SAU e Andrea Crespo directora comercial de Avícola de Galicia SAU., xunto ao alcalde Jose Ángel Santos e membros do equipo de goberno, visitaron o Concello para detallar os pormenores do proxecto. Posteriormente, desprazáronse á parcela destinada para a súa implantación, onde puideron analizar in situ os aspectos clave da iniciativa.

Este acto constitúe o último requisito previo á obtención da correspondente licenza de obra. De acordo coas proxeccións temporais da compañía, contémplase o inicio das actividades construtivas a principios do ano 2026, co obxectivo de culminar a execución das obras e entre en funcionamento o segundo semestre do ano 2027.

Optimización da cadea de subministración

Actualmente, a compañía mantén contratos de integración en Galicia con 218 explotacións de engorde de polo, adquirindo poliños de provedores externos. Coa creación do novo centro, Avícola de Galicia busca optimizar a súa cadea de subministración mediante a incubación propia dos ovos, asegurando un control de calidade máis rigoroso desde a orixe.

O proxecto xerará 22 postos de traballo directos e 10 indirectos na súa primeira fase, contribuíndo significativamente ao emprego na localidade. As instalacións estarán situadas nunha parcela de 75.921 m² no termo municipal de Friol, cunha nave de incubación de 12.597,74 m² que incluirá infraestruturas auxiliares como salas de caldeiras, depósitos de auga, estación de depuración (EDAR), depósito de gasóleo e zona de desinfección.

Capacidade de poducción

O novo centro terá unha capacidade de produción estimada en 1,5 millóns de ovos por semana, o que se traduce en 1,2 millóns de pitiños recentemente nados semanalmente e un total de 62,4 millóns de poliños ao ano.

O proceso de incubación será o seguinte:

• Recepción e desinfección: Os ovos chegan á planta, se desinfectan e transfírense a carros de incubación. Os carros utilizados lávanse e desinféctanse antes do seu retorno.

• Incubación: Tras a selección e preparación inicial, os ovos almacénanse e cárganse en incubadoras. Aos 18 días, transfírense a máquinas nacedeiras durante tres días adicionais.

• Vacinación e distribución: Unha vez finalizada a incubación, os pitiños son vacinados, contados e preparados para a súa distribución ás explotacións asociadas.

Recoñecemento ao Concello de Friol

Desde o Grupo Vall Companys quixeron salientar o papel crucial do concello e o seu alcalde no desenvolvemento desta iniciativa: “Sorprendeunos gratamente o acompañamento do alcalde e o seu asesoramento na tramitación do proxecto, ao cal lle estamos eternamente agradecidos. O seu apoio incondicional e a axilidade administrativa foron determinantes para que este centro sexa hoxe unha realidade no municipio de Friol”, afirmaron desde a compañía.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, foi un piar fundamental na materialización deste proxecto. “Este proxecto será un revulsivo económico e laboral para o noso municipio, así como é un claro reflexo do compromiso do concello no seu labor dos últimos anos, orientado a atraer e consolidar tecido empresarial non noso municipio. Con iniciativas coma esta, reafirmamos a nosa aposta polo desenvolvemento económico e a creación dun contorna favorable para novas oportunidades empresariais”, destacou o alcalde, subliñando o compromiso do Concello na creación de oportunidades para o municipio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información