O cociñeiro Héctor López amosa na aula gastronómica Galicia Calidade os segredos dunha cociña familiar innovadora

Máis de 20 de alumnos e alumnas do IES Villamarín de Ourense participaron na masterclass organizada pola Xunta

O cociñeiro Héctor López amosa na aula gastronómica Galicia Calidade os segredos dunha cociña familiar innovadora

O cociñeiro e propietario do Restaurante España en Lugo, Héctor López, foi o encargado de impartir onte a Aula Gastronómica Galicia Calidade no IES de Vilamarín de Ourense. No decurso da acción formativa, puxo en valor os produtos avalados pola marca galega destacando <<a súa excelencia, singularidade e sabor que os converten en únicos en España>>.

A masterclass estivo dirixida a 20 alumnos e alumnas de primeiro curso dos ciclos medio de Cociña e superior de Dirección de Cociña.

O xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, destacou que con esta acción a Xunta pretende achegar os máis de 600 produtos certificados por Galicia Calidade ás futuras xeracións de cociñeiros e cociñeiras galegas a través de restauradores que tamén teñen recoñecido o seu prestixio coa nosa marca, como é neste caso, Héctor López, do Restaurante España de Lugo.

20210520GaliciaCalidade2 (1)

Proposta gastronómica

Durante a formación, Héctor López elaborou un menú composto por nigiri de pescada ao allo; humus de fabas de Lourenzá e ovo con carbonara de San Simón. Ademais, tamén cociñou arroz negro, emulsión de chourizo e berberechos; unha pescada de Celeiro, con guisante lágrima ao seu pilpil e, como sobremesa, preparou crema de iogur, vainilla e froitos vermellos.

O cociñeiro lucense, no seu compromiso cos produtos autóctonos, posúe tamén unha granxa na que cría bois a base dunha alimentación totalmente natural, o que lle permite obter un produto de calidade superior.

Concretamente, os produtos de Galicia Calidade utilizados nesta ocasión foron pescada do Porto de Celeiro, fabas de Terras da Mariña, ovos campeiros de Granja Campomayor, queixo San Simón de Daniberto, touciño curado Torre de Núñez, chourizos de Jamones González; berberechos de Noia de Luís Escurís Batalla; iogur natural de Larsa e nata de Feiraco.

Héctor López rexenta xunto ao seu irmá Francisco López o Restaurante España que conta con dous soles na Guía Repsol, a marca Galicia Calidade e a Q de Calidade Turística. Tamén forma parte do Grupo Nove.

Héctor López, Galicia Calidade

Héctor López, Galicia Calidade

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información