Desde O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia lanzan, coa axuda da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, dúas novas formacións prácticas en construción en madeira, orientadas a perfís técnicos e prescritores.
O primeiro é o IX Curso de construción industrializada en armazón lixeiro e CLT, que se celebrará do 25 ao 29 de maio, en horario de 08.00 a 15.30 horas, na Fundación Laboral da Construción, de Santiago de Compostela. A formación conta con 18 prazas e está centrada en deseño, fabricación e montaxe de sistemas industrializados en madeira. O curso ten a inscrición aberta.
Doutra banda, levarase a cabo o II Curso de revestimentos de fachada e detalles construtivo, do 8 ao 12 de xuño, en horario de 08.00 a 15.30 horas, na Fundación Laboral da Consrtrucción, de Santiago de Compostela. Este ten un enfoque práctico en solucións de fachada, revestimentos e resolución de encontros construtivos. As inscricións xa están abertas.
Ambos os cursos son gratuítos e os alumnos deben poder acreditar que traballan en Galicia no ámbito da construción e non asistir a edicións anteriores destes cursos.
Galego









Control OJD