O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), dentro do seu Plan Estratéxico CIMA 2025- 2028, intégrase activamente na rede InnovaWood, conectándose ao núcleo da innovación europea en madeira e bioeconomía. Isto faino co obxectivo directo de xerar valor para as súas entidades socias.
Esta incorporación supón un fito estratéxico para o Cluster, ao reforzar a súa posición como actor cualificado en consorcios europeos e facilitar o acceso temperá a información estratéxica sobre convocatorias e oportunidades de colaboración. Ademais, permitirá acelerar o desempeño da Oficina de Xestión de Proxectos do CMD, recentemente posta en funcionamento, dotándoa dun entorno privilexiado de networking, aprendizaxe e xeración de proxectos.
Tamén implica unha maior visibilidade internacional para as empresas e entidades do Cluster, favorecendo a súa integración en proxectos colaborativos, pilotos industriais e redes temáticas europeas, así como o intercambio de boas prácticas e coñecemento técnico en ámbitos clave como a construción en madeira, a industrialización, a dixitalización, a sustentabilidade ou a circularidade, entre outros.
Con esta adhesión, o CMD consolida o seu papel como ponte entre a industria galega e Europa, reafirmando o seu compromiso coa innovación, a sustentabilidade e a competitividade internacional do sector madeira-deseño.
Galego









Control OJD