Acto enolóxico e cultural no centro de formación A Granxa, en Ponteareas

O CIFP A Granxa oferta a rama de viticultura, entre outras familias profesionais como a agraria, medioambiente e de industrias alimentarias

Acto enolóxico e cultural no centro de formación A Granxa, en Ponteareas

O Centro de Formación Profesional A Granxa (Ponteareas), con diversos ciclos da rama agraria, vén de programar un acto no que combinou enoloxía e cultura, integrando unha visita do músico Abraham Cupeiro e unha cata da adega Sergio Álvarez.

O músico e multiinstrumentista galego Abraham Cupeiro é coñecido por recuperar instrumentos de épocas antigas e de múltiples lugares. Algúns deses instrumentos foinos adquirindo ao longo dos anos nas súas viaxes e outros construíunos el mesmo.

Acompañando a Abraham, estivo Roberto Bruna, ex alumno do centro, de Adega Sergio Álvarez (O Rosal), xunto co seu socio, Sergio Álvarez, para presentar os seus últimos viños nunha cata para o alumnado do ciclo de Vitivinicultura e profesorado do centro.

a granxa 2 bis

Esta actividade está ligada coa formación que oferta o CIFP A Granxa, xa que un dos piares do centro, xunto coa rama agraria, é a rama vitivinícola. O centro tamén conta cunha gran extensión de terreo, onde se imparten ensinos das familias profesionais agraria, medioambiente e de industrias alimentarias.

Entre as diferentes instalacións teñen as viñas, oliveiral, invernadoiros, viveiro forestal, plantación en ecolóxico e froiteiras.

En concreto, ofértanse os seguintes ciclos:

Familia profesional Agraria:

CB Agroxardinería e Composicións Florais. (Formación profesional básica)
CM Xardinería e Florería (ordinario e DUAL)
CM Produción Agroecolóxica (ordinario)
CS Paisaxismo e Medio Rural (modular)
CS Xestión Forestal e do Medio Natural (ordinario e modular)

Familia Seguridade e Medio:
CS Educación e Control Ambiental (ordinario e modular distancia)

Familia de Industrias Alimentarias:
CM Aceite de Oliva e viños (DUAL)
CS Vitivinicultura (ordinario e modular distancia)
CS de Procesos e calidade na industria alimentaria. (modular)

Ademais deses ensinos tamén ofrece aos usuarios da zona servizos de:
– Acreditación de competencias.
– Probas libres de módulos relacionados cos nosos ensinos.
– Accións de formación para persoas desempregadas.
– Asesoramento a persoas emprendedoras a través do noso viveiro de empresas.

As Redes Sociais da Granxa son: instagram: @cifp_a_granxa
A páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cifpgranxa/

Un momento do acto.

Un momento do acto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información