O centro EFA Fonteboa organiza este mes un curso de muxido

Publicidade
O centro EFA Fonteboa organiza este mes un curso de muxido
Data inicio: 13/05/2019
Data fin: 24/05/2019
Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco, España

O Centro de Promoción Rural-EFA FONTEBOA, en Coristanco (A Coruña), organiza este mes un curso de muxido. Nas sesións formativas abordaranse aspectos claves desta rutina, cuestións a ter en conta no manexo e deseño das instalacións, así como novas técnicas robotizadas de muxido.

A formación terá lugar en horario matinal os días 13, 14, 15, 16 e 24 de maio tanto no centro educativo como en granxas, posto que o seminario contará con sesión teóricas e prácticas.

O programa do curso será o seguinte:

Luns 13 de maio
11:30 – 11:45 horas. Presentación do curso.
Bautista Velo, director de Grupo Savelo S.L.
11:45 – 12:45 horas. Eficacia dos produtos Phytogrape.
Lucía Andrade. Asesora Grupo Savelo S.L.

Martes 14 de maio
09:00 – 11:00 horas. Práctica en granxas.
11:00 – 11:30 horas. Pausa café.
11:30 – 13:30 horas. Análise dos puntos críticos nas rutinas de muxido.
Uxía Vizoso Losada. Veterinaria PS Vet Dairy Quality S. L.

Mércores 15 de maio
09:00 – 11:00 horas. Práctica en granxas.
11:00 – 11:30 horas. Pausa café.
11:30 – 13:30 horas. Deseño das instalacións e manexo na sala de muxido.
José Manuel Fernández. SAT Busto Corzón (Mazaricos).

Xoves 16 de maio
09:00 – 11:00 horas. Práctica en granxas.
11:00 – 11:30 horas. Pausa café.
11:30 – 13:30 horas. Xestión do muxido robotizado.
Yolanda Trillo. Asesora técnica en Lely Center Los Corrales.

Venres 24 de maio
09:30 -11:00 horas. Conclusións do curso.
Lucía Andrade. Asesora Grupo Savelo S. L.
Alumnos do Grado Superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal.

Os interesados poderán inscribirse chamando ó teléfono 981 733 051 ou no email inscricion@efagalicia.org.

Cartel-curso-Muxido-Fonteboa-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información