O centro de urxencias da Laracha, exemplo de construcción sostible

O Clúster da Madeira celebra este venres o Día Mundial da Construcción Sostible cunha xornada na que se recoñecerá o caso singular do Centro de urxencias da Laracha, unha obra en madeira deseñada por Ezcurra e Ouzande Arquitectas

O centro de urxencias da Laracha, exemplo de construcción sostible

Imaxe do Centro de Saúde de A Laracha, o edificio homenaxeado durante a xornada. Fonte: Héctor Santos-Díez

Galicia celebra o Día Mundial da Construción Sostible e para iso, o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia homenaxeará o Centro de Urxencias de A Laracha, obra de Ezcurra e Ouzande Arquitectas, como exemplo de intervención que representa a defensa dos valores sostibles, así como a súa integración co entorno e o emprego de materiais naturais na arquitectura, e neste caso, os beneficios que reportan nunha obra sanitaria. O acto terá lugar o vindeiro 23 de setembro, ás 11.00h da mañá na Casa da Cultura da Laracha; a súa asistencia require de inscrición nesta páxina.

Ademais, durante a mesma sesión, e en colaboración co Clúster Saúde de Galicia, celebrarase unha xornada na que diferentes expertos abordarán a importancia que representa o emprego de materiais naturais nos centros de saúde e na recuperación de pacientes, así como o contacto coa natureza. Do mesmo xeito, seguindo o fío da cita, as arquitectas Ezcurra e Ouzande realizarán unha visita guiada polo Centro de Urxencias de A Laracha para amosar as súas peculiaridades construtivas.

Programa:

11.00h.- Benvida á Mesa de Debate na Casa da Cultura de A Laracha
José Manuel Iglesias, presidente del Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia
Rocío Mosquera, presidenta del Clúster Saúde de Galicia
Jacobo Aboal, director da Axencia Galega da lndustria Forestal
José Manuel López, alcalde de A Laracha

11.20h.- Mesa de Debate sobre o emprego de materiais naturais en Centros de Saúde
Jesús Álvarez Flórez, director xeral de Obras e Investimentos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Centro de Urxencias de A Laracha, Ezcurra y Ouzande Arquitectas
Beatriz Piñeiro, Green Hospitals
Begoña Jiménez, TimberSoul by Cándido Hermida

12.50h.- Fin da mesa redonda e traslado ao Centro de Urxencias de A Laracha para conmemorar o Día Mundial da Construción Sostible

13.00h.- Lectura de Manifesto Día Mundial da Construción Sostible
Visita guiada polas arquitectas Ezcurra e Ouzande ao Centro de Urxencias de A Laracha para coñecer as súas particularidades

14.20h.- Fin da xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información