
Madefon é unha empresa cooperativa da Fonsagrada fundada por cinco socios en 1997. Contan na actualidade cun cadro de persoal de 6 traballadores e transforman unhas 4.000 toneladas de castiñeiro ao ano. De feito, só traballan con castiñeiro. Falamos cun dos socios, José M. Pérez, para analizar o sector desta frondosa tradicional galega
“O castiñeiro é unha madeira noble. E os soutos sempre están a producir. Certo que está habendo problemas de chancro e de avispilla, eso é innegable. Pero non é masivo e pode haber mecanismos para controlalo. Se se consegue controlar esas pragas, o castiñeiro ten moitísimo futuro na Fonsagrada”, defende.
Cómpre lembrar que este concello da montaña lucense é lider de España en cortas de madeira, se ben a maioría das toneladas correspóndense co piñeiro radiata, unha especie agora en devalo polos fungos das bandas.
Pérez asegura que actualmente están medrando grandes cantidades de castiñeiro en todas as zonas aptas da Fonsagrada e que se converterán o día de mañá en milleiros de toneladas de madeira. Na súa empresa traballan só con esta especie e perciben unha crecente profesionalización e un mercado estable.
Malia o aumento de talas, as cifras de castiñeiro mantéñense estables polo que temos garantido o abastecemento para moito tempo
Nos 30 anos que levan traballando, notaron que as masas de castiñeiro non só non se reduciron, senón que mesmo aumentaron. E eso a pesar de que as talas foron constantes neste tempo. “A grande vantaxe produtiva do castiñeiro é que non require de gastos de plantación. Cando cortas un souto, as árbores volven brotar de xeito espontáneo e sen necesidade de intervención humana, máis aló de limpar a maleza.”

As táboas de castiñeiro pasaron dos mobles de alta calidade ás estruturas construtivas e entarimados
“E todo eso sen que ata o de agora se fixera traballo de silvicultura máis aló do básico. Hoxe parece que si que hai algo máis de esmero e coidado pero tampouco sen grandes investimentos, esforzos ou máquinas. O castiñeiro adáptase e rende moi ben aquí.”
Con todo, ven que a madeira é de boa calidade, pero cun problema de forma pola falta de prácticas adecuadas de silvicultura. Cren que cun manexo constante das árbores produciríanse pezas de aínda máis valor engadido.
“A madeira faise. As distancias de plantación, as podas e as entresacas son aspectos fundamentais”
As técnicas para mellorar o rendemento dos castiñeiros son relativamente sinxelas. Non se trata só de plantar a madeira e deixala medrar. “É necesario traballala, porque a madeira faise. As distancias de plantación, as podas e limpezas, as entresacas…son aspectos fundamentais para ter despois madeira de calidade. Eso agora sábese e semella que os propietarios poñen máis esmero neses apartados.” y yo veo que la gente cuida ahora más esas cosas”, di Pérez.
Agora comeza a aplicarse unha silvicultura máis profesional. Ata hoxe estivemos perdendo calidade por non manexar os castiñeiros
A desgracia da banda marrón, as restricións ao eucalipto, as incógnitas sobre o piñeiro taeda e os elevados tempos de cultivo de coníferas distintas do radiata fan aparecer o castiñeiro como unha opción moi atractiva. Se ben os tempos son longos, os prezos son moito máis elevados que os das especies de crecemento rápido.
“Aquí estase dando moi ben o castiñeiro entre 600 e 800 metros. E incluso a 900 pode tirar. Especialmente en vaguadas e en vales. E nas partes máis baixas ten engadido o atractivo do recurso que supoñen as castañas, que xeneran ingresos todos os anos.”
En Madefon coinciden na diagnose de que o oreintación forestal do concello da Fonsagrada é irrenunciable. “A gandería de vacún de carne extensivo ten moito peso. E coa actividade forestal son os dous piares da economía. Sexa coa especie que sexa, os montes da Fonsagrada teñen que seguir producindo madeira moitos anos.”

José Manuel F. Pérez, nas instalacións de Madefon na Fonsagrada
Aínda que o seu uso de destino foi mudando cos anos, o castiñeiro da Fonsagrada mantén dende hai décadas un fluxo de demanda constante. “Hoxe emprégase moito en decoración, en vigas ou en portas e entarimados. Hai 20 anos tiña máis demanda para ebanistería de calidade, que segue habendo.”
Aínda que cambiaron os usos que se dan a madeira de castiñeiro e os mercados e destinos, a demanda e os prezos son moi estables
Fernández cre que, malia a irrupción de franquicias de mobles de baixo prezo e calidade, a demanda do castiñeiro e, sobre todo, os prezos van seguir medrando nos vindeiros anos. “Estamos falando dunha madeira premium. Das mellores que temos en España. Levamos máis de mil anos empregándoa en carpintería, construción ou apeiros como as cubas do viño. Só pola súa historia xa ten un nicho de mercado. E vai medrar.”
Tanto para os propietarios de masas arbóreas como para os madeiristas e serradoiros, un atractivo do castiñeiro é a estabilidade. “Malia problemas sanitarios como a avispilla ou a tinta ou as crises económicas, o fluxo de produción, os prezos e a demanda de castiñeiro só experimentaron variacións mínimas ao longo dos anos.”

Os catiñeiros da Fonsagrada soen estar por baixo dos 800 metros de altitude
O que si ameaza dalgunha maneira á produción de castiñeiro na Fonsagrada é a man de obra. E por vía dobre. “Os madeiristas teñen moita demanda para ir sacar os piñeiros afectados polas bandas e os que cumpriron o ciclo vital. Dese xeito non priorizan o castiñeiro. E, como non teñen man de obra suficiente, non poden talar todo o que se precisa.”
Por outro lado, as masas de castiñeiro son de tamaño moito máis reducido que as de piñeiro. E, en moitas ocasións, atópanse no fondo de vales ou noutros lugares de acceso complicado. Eses dous factores tamén fan dubidar aos madeiristas.
A dificultade de acceso a algúns soutos e a falta de man de obra lastran o crecemento do sector do castiñeiro
Ademais, sinala Pérez, a superficie con monocultivo de castiñeiro para produción de madeira é aínda escasa. A maioría dos seus provedores traballan outras especies, como o piñeiro, e nas cortas que realizan, cando aparecen pes de castiñeiro dentro de bosques mixtos, van apartando esas pezas con destino á nosa empresa.”
En Madefon cren que o cambio climático mesmo pode levar a que o día de mañá A Fonsagrada sexa un concello grande produtor de castañas. “A posibilidade é innegable. Pero habería que empezar xa cun intensísimo traballo en todos os eidos. A silvicultura, a ordenación do territorio, a selección de clons e castes, a formación…moi traballoso pero posible.”
Galego









Control OJD