O carballo galego consolida unha liña de suministro estable para o whisky escocés

O serradoiro galego Forestal Peninsular (Lugo) constitúe Tevasa Forestal Group xunto con Tevasa, unha tonelería de Jerez de la Frontera (Cadiz), para exportar toneis de carballo galego á firma escocesa The Macallan

Publicidade
O carballo galego consolida unha liña de suministro estable para o whisky escocés

A conselleira de Economía e o director de XERA reuníronse con representantes das empresas Forestal Peninsular, Tevasa e The Edrington Group Limited. / Cedida

Representantes das empresas Forestal Peninsular (Lugo), Tevasa (Jerez de la Frontera, Cadiz)> e The Edrington Group Limited (Escocia, Gran Bretaña) reuníronse coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, para abordar o seu proxecto de fusión, que segundo explicou a conselleira, “permitirá internacionalizar a exportación de madeira de carballo galego”.

A compañía galega Forestal Peninsular unirase con Tevasa, unha empresa familiar provedora de longa traxectoria que fabrica toneis de alta calidade feitos con carballo europeo. Nace así Tevasa Forestal Group, que se asociará co grupo The Edrington Group Limited, empresa internacional de bebidas alcohólicas con sede en Glasgow e produtor de whiskys de pura malta como The Macallan, Highland Park, The Glenrothes, Naked Malt e o whisky escocés mesturado The Famous Grouse.

A alianza entre o grupo galego-andaluz e The Edrington Group asegura o subministro sustentable de toneis de carballo galego de alta calidade procedente de serradoiros galegos á destilería escocesa The Macallan, ao tempo que serve de escaparate e mellora a competitividade das empresas da industria forestal galega.

A titular de Economía e Industria tamén lembrou que Forestal Peninsular recibiu apoios do Goberno galego no marco das diversas liñas de apoio que ten en marcha a Xunta para que as empresas que conforman o sector forestal poidan gañar en competitividade e apostar por procesos de produción con menor impacto ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información