O cambio climático centra a reunión de outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Publicidade
O cambio climático centra a reunión de outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes
Data inicio: 20/10/2017
Data fin: 21/10/2017
Lugar: casa do concello de allariz

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) ven de publicar o programa da súa IV Reunión de Outono, que se celebrará os días 20 e 21 de outubro en Allariz (Ourense).

Baixo o lema “Adaptación á mudanza climática e á seca estival”, a xornada desta ano analizará un problema que xa é unha realidade para moitos gandeiros, como se está a evidenciar este ano coa forte seca que se arrastra en boa parte de Galicia, así como o feito de que as precipitacións se concentren cada vez máis en poucos días.

Para participar nesta reunión é preciso inscribirse enviando un correo cos datos persoais a sgpf.galicia@gmail.com ou chamando aos teléfonos 988 440001 ou 686 620 154 e 619 032 791.

Programa da IV Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes:

cartaz_outono_17_programa1

cartaz_outono_17_programa2

A IV Reunión de Outono, organizada pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, conta coa colaboración do Concello de Allariz, da empresa Fertiprado, do Ingacal e de Ovica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información