A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O Caderno Dixital de Arza Ingeniería: unha ferramenta útil e sinxela para mellorar a rendibilidade da explotación e cumprir co SIGE

Permite unificar todos os rexistros da granxa nun mesmo sitio e obter de maneira doada o informe para o Sistema Integral de Xestión de Explotación, un documento obrigatorio requerido pola Administración para aquelas ganderías con máis de 20 UGM

O Caderno Dixital de Arza permite xerar de forma automática o SIGE, cubrir o plan de abonado, o caderno de pastoreo ou o rexistro de fitosanitarios

O Caderno Dixital de Arza permite xerar de forma automática o SIGE, obter o plan de abonado, cubrir o caderno de pastoreo ou dispoñer do rexistro de fitosanitarios, ademais de mellorar a contabilidade da explotación

A toma de datos resulta esencial para a mellora da rendibilidade dunha explotación agrogandeira e poder dispoñer de ferramentas que simplifiquen este proceso facilita moito o día a día nas granxas e axuda na toma de decisións aos seus titulares e aos técnicos que os asesoran.

Por iso, Arza Ingeniería, unha das principais empresas de asesoramento agrícola existentes en Galicia, vén de desenvolver un Caderno Dixital (CUE) propio que ofrece aos seus clientes unha forma sinxela de cumprir coas esixencias legais recollidas no Sistema Integral de Xestión de Explotacións (SIGE).

Dispoñer de datos resulta esencial para a toma de decisións nunha explotación agrogandeira

Actualmente, o desenvolvido por Arza é o único programa do sector enfocado á toma de datos das explotacións para a xeración do informe SIGE dunha forma automática e con todo o requirido pola Administración.

O programa está deseñado para ser usado tanto por técnicos como por gandeiros dunha maneira cómoda e intuitiva. A idea é facilitar o máximo posible a introdución de datos e a súa modificación posterior de ser necesario.

Unificar todos os rexistros da explotación nun único sitio

“A clave do funcionamento deste novo programa é que trata de cubrir todos os campos que nos esixe, ou esixirá a normativa da PAC (axudas, condicionalidade) como noutros requisitos funcionais-legais da explotación”, explican desde Arza.  

O programa permite que se poidan introducir datos desde distintos dispositivos

Cada usuario terá un caderno particular, desde o que poderá xestionar tanto o seu Caderno de Explotación (pastoreo, labores, abonado, fitosanitarios, etc), como a elaboración do SIGE (Sistema integrado de Xestión de Explotacións) ou a introdución de determinados rexistros necesarios para a xestión técnico-económica da granxa (luz, auga, consumos, mantemento, etc).

Multidispositivo

O programa, denominado AZAgro pode ser utilizado desde calquera lugar e dispositivo. O agricultor ou gandeiro, cun usuario e contrasinal, entraría nunha dirección dende a que accedería á súa explotación. O emprego de dirección, e non dunha app como tal, permite que a aplicación funcione en calquera dispositivo que teña acceso a internet (tablets, ordenadores portátiles, de sobremesa, teléfonos Android, Iphone) o que facilita unha compatibilidade total.

Hai un modelo distinto segundo o tipo de granxa: porcino, vacún e avícola

Unha vez introducidos nunha pantalla xeral os datos da explotación (gando, infraestructuras, maquinaria, persoal) o programa iría adaptando ao tipo de granxa os distintos apartados que, unha vez cubertos, nos permitirían xerar o SIGE, ademais de servir como base ao Caderno de Explotación. Hai un modelo distinto segundo o tipo de granxa: porcino, vacún e avícola.

Un xeito doado de cumprir co SIGE

O programa permite facer anotacións sobre laboreo, abonado ou tratamentos nas distintas parcelas da explotación

O programa permite facer anotacións sobre laboreo, abonado ou tratamentos nas distintas parcelas da explotación

Unha vez metidos os datos, obtemos un modelo cuberto do SIGE. O Sistema Integral de Xestión de Explotacións (SIGE) deriva do Real Decreto 1053/2022, cuxas disposicións e obrigas a el aparelladas, entrarán en vigor de xeito escalonado nos vindeiros anos.

O SIGE inclúe distintos aspectos da explotación que o veterinario de explotación terá que elaborar ou recompilar para integrar e presentar: bioseguridade e hixiene, benestar animal, sanidade, medio ambiente, formación, etc. Toda esta documentación deberá actualizarse cando menos cada 5 anos e sempre que a explotación modifique de maneira substancial as súas instalacións ou prácticas de manexo. 

O informe SIGE é un documento requirido pola Administración que inclúe toda a información da granxa: infraestruturas, persoal, protocolos sanitarios e de manexo, etc.

No SIGE deberá incluirse, cando menos, unha descrición das condicións estruturais e ambientais da granxa, da alimentación do gando e das prácticas de manexo que se realizan. Tamén debe detallarse o Plan Sanitario Integral da granxa; o Plan de Xestión Ambiental, que inclúa un plan de residuos, a optimización do uso da auga e o consumo enerxético e o control de ruídos, po e olores.

A maiores, as ganderías deberán contar tamén cun Plan de Benestar Animal, que entrará en vigor dentro de 4 anos e aplicarase a granxas de máis de 5 UGM, nas que se deberán avaliar os factores de risco existentes para o benestar dos animais e o Plan de Formación levado a cabo tanto polo titular da explotación como polos seus empregados en materia de benestar animal, medio ambiente e manexo do gando.

Introduce os datos da túa explotación e o programa xerará con todos eles de forma automática un informe válido para a Administración

O veterinario de explotación será o encargado de elaborar todos aqueles apartados do SIGE relacionados con sanidade, benestar animal, hixiene e bioseguridade. Inicialmente a designación de veterinario de explotación debía facerse antes do 18 de maio deste ano, aínda que este prazo foi posposto.

Funcionamento sinxelo

A maiores de cumprir co SIGE, grazas á nova ferramenta informática deseñada por Arza Ingeniería, teríamos tamén un Caderno Dixital completo, onde o agricultor ou gandeiro pode facer apuntes e xerar os rexistros de pastoreo, de uso de fitosanitarios, labores realizadas ou xerar un plan de abonado.

É posible tamén introducir outro tipo de rexistros da granxa (inspeccións, mantemento, albaráns, vendas, residuos, etc), de maneira que se facilita o control de ingresos e gastos e a xestión económica da explotación.

O sistema permite mesmo a xeración dun caderno en branco para cubrir en papel

Calquera destes puntos, así como o SIGE, pódense xerar de forma independente (Caderno de labores, Caderno de aplicación de fertilizantes, etc…), ou todo xunto, nun Caderno de Explotación completo, permitindo incluso a xeración en papel dun caderno en branco para que o gandeiro o poda cubrir en papel (xa que o Caderno Dixital pasou a ser voluntario, aínda que haberá incentivos ás granxas para a súa adopción).

Así pois, son moitas as vantaxes do novo programa de Arza Ingeniería, pero poderíanse destacar as seguintes:

  • Toma de datos sinxela, cómoda e intuitiva da información da explotación.
  • Todos os rexistros necesarios da granxa nun mesmo sitio.
  • Xeración do informe con todo o requirido por Administración.

Arza Ingeniería, 30 anos axudando ás explotacións

Arza Ingeniería é unha empresa dedicada a prestar servizos técnicos de enxeñería no ámbito agrícola e gandeiro. Con máis de 30 de anos de experiencia, conta cun equipo altamente cualificado, contribuíndo deste xeito ao desenvolvemento do medio rural.

Ubicada na cidade de Lugo, cubre un amplo abano de servizos destinados ás explotacións agrogandeiras, desde elaboración de proxectos de todo tipo ou seguemento e control  de Autorizacións Ambientais Integradas á tramitación de subvencións (Plans de Mellora, Incorporacións, PAC, etc), asesoramento xurídico, xestoría laboral e contable, etc.

Arza elabora proxectos técnicos, tramita axudas e presta asesoramento xurídico, contable e laboral ás granxas

Pertencente a Arza, Taxo Asesogal SL é unha entidade de asesoramento acreditada para facer aconsellamento en explotacións agrícolas e gandeiras e unha das que máis axudas da PAC tramita cada ano en Galicia, contribuíndo ao desenvolvemento do medio rural.

Contacto

INGENIERÍA ARZA

Rúa Peña Anda, 12, 27002 Lugo
Tel: 982 201 428
Email: info.arza@iarza.com
Web: www.iarza.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *