O Banco de Terras oferta arredor do 5% da terra agrícola abandonada de Galicia

A data 1 de agosto o Banco de Terras de Galicia ofertaba un total de 12.355 fincas, con algo máis de 5.785 ha, prácticamente a mesma cifra que en 2015 e en 2014. Os expertos calculan que en Galicia hai 114.00 hectáreas de terras abandonadas

O Banco de Terras oferta arredor do 5% da terra agrícola abandonada de Galicia

Pradeiras implantadas no Pedregal de Irimia, en Meira

O Banco de Terras, a principal ferramenta da Xunta de Galicia, para mobilizar as terras abandonadas na Comunidade e darlle un uso produtivo ofertará para esta campaña de arrendamentos que se acaba de abrir un total de 12.355 fincas, con algo máis de 5.785 ha, practicamente a mesma cifra que en 2015 e en 2014. Isto supón arredor do 5% da superficie agraria que, segundo os expertos, está abandonada en Galicia.

Así, segundo os datos da Consellería do Medio Rural, a data 1 de agosto de 2016 figuran incorporadas ao Banco de Terras de Galicia para o seu alugueiro o seguinte número de fincas e de superficies:

PROVINCIA

TOTAL DE FINCAS NO BANCO

Nº de Fincas

Superficie (ha)

Media (ha)

A Coruña

5.028

2.420,42

0,48

Lugo

2.769

1.875,78

0,68

Ourense

2.611

952,25

0,36

Pontevedra

1.947

536,58

0,28

TOTAL GALICIA

12.355

5.785,03

0,47

Como se pode observar, A Coruña é a provincia que concentra maior número de parcelas e de superficie ofertada, algo máis do 40% do total galego, seguida de Lugo. Ourense e Pontevedra, concentran a menor oferta en superficie. A media das parcelas ofertadas polo Banco de Terras está en 0,47 hectáreas por parcela.

Dende o 2014 apenas aumenta a superficie incorporada ao Banco de Terras

No seguinte cadro apréciase a evolución no número de fincas incorporadas ao Banco de Terras e a superficie total dende a data de creación, apreciándose un estancamento en canto á superficie dende o ano 2014:

ANO (Datos a 31/12)

2008

2009-2011

2012

2013

2014

2015

2016

Nº de Fincas

6.722

8.139

8.202

9.410

11.358

12.176

12.343

Superficie total (ha)

3.159

3.458

3.647

3.985

5.657

5.750

5.784

En Galicia hai unhas 114.000 hectáreas de terras abandonadas, das que 46.000 son de máxima aptitude agraria

Estes datos contrastan cos da superficie agrícola abandonada en Galicia, que segundo a Fundación Juana de Vega, unha das entidades máis activas no estudo da mobilidade de terras en Galicia, é dunhas 114.000 hectáreas de terras agrícolas abandonadas, das que 46.000 hectáreas son de máxima aptitude para a produción agraria. É dicir, a oferta do Banco de Terras viría a supor arredor do 5% da superficie agraria abandonada en Galicia e arredor do 15% das terras abandonadas de máxima calidade agraria.

A isto hai que engadir que a Superficie Agraria Útil (SAU) na Comunidade non chega ao 25% do territorio, unha das porcentaxes máis baixas de Europa, e que aínda foi reducíndose nos últimos anos como consecuencia do abandono do rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información