Un ano máis, Caixa Rural destinou o 20% de todas as pólizas vendidas durante o Día Solidario para proxectos sociais e comunitarios, reafirmando o compromiso do Grupo coa mellora da vida das persoas en situación de vulnerabilidade.
O Día Solidario é xa unha cita consolidada no calendario da entidade financeira, que traballa en colaboración con asociacións e organizacións locais para asegurar que as axudas chegan directamente a quen máis as necesitan. Esta iniciativa xunto á Bicicleta solidaria, consolidou ao equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA como o máis solidario do pelotón, convertendo a solidariedade nun auténtico selo de identidade do Grupo Caixa Rural.
A organización beneficiaria neste ano foi o Banco de Alimentos de Lugo, presidido por Amadora Núñez, que recibiu o cheque polo importe doado de mans do Director Comercial de Caixa Rural Galega e de Tatiana Sacedo do departamento de Marketing.
A presidenta aproveitou a ocasión para mostrar as instalación e dar a coñecer de primeira man a labor da institución, que conta cun nutrido grupo de voluntarios de diversas nacionalidades, sen os que non sería posible a labor de xestión e reparto dos alimentos distribuídos. Consideran que estes alimentos supoñen unha inestimable axuda para moitas persoas en situación de vulnerabilidade que, en moitas ocasións, dependen de organizacións sen ánimo de lucro para unha necesidade tan básica como é a alimentación.
Galego







Control OJD