O balear Llorenç Bosch Pons gaña o Concurso de Manexadores de Gandagro

O balear Llorenç Bosch Pons gaña o Concurso de Manexadores de Gandagro

Entrega do primeiro premio do concurso de manexadores.

Llorenç Bosch Pons, de Ciudatella de Menorca (Baleares), venceu esta tarde no XXXVI Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luís Louzao”, que se celebrou no marco da IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, que conclúe este sábado en Silleda.

A subcampioa nesta edición foi Lorena Iglesia Vila, de A Pastoriza (Lugo), que tamén acadou o segundo posto esta mañá no XIV Concurso Internacional de Preparadores de Gando Frisón. En canto á Mención de Honra foi para Javier García Sánchez, de San Vicente de la Barquera (Cantabria).

Segundo posto do certame de manexadores.

Segundo posto do certame de manexadores.

Organizado pola Federación Frisona Galega (FEFRIGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, o concurso ten como obxectivo que os participantes demostren a súa habilidade na presentación en pista dos animais. O bo manexador é aquel que coñece á perfección a morfoloxía dos seus animais e despois dunha correcta doma, preparación e pelado, é capaz de facer resaltar as virtudes do exemplar que presenta, minimizando ao mesmo tempo os posibles defectos que poida ter.

Mención de honra do certame.

Mención de honra do certame.

Ao concurso, patrocinado por Mapfre, concorreron 31 participantes de Galicia, Asturias, Cantabria e Baleares. Foron xulgados por Brian Carscadden, da Asociación Holstein de Canadá.

Xóvenes Preparadores
Esta mañá tivo lugar tamén o Concurso de Preparadores, no que venceu Lorena Rodríguez, da Pastoriza (Lugo).

A lucense Lorena Rodríguez, campioa do Concurso de Preparadores de Gandagro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información