O acordo UE-Mercosur entra hoxe en vigor de forma provisional

manifestacion Mercosur Lugo (12-1-26)1O Acordo Interino de Comercio UE-Mercosur entrou hoxe en vigor provisionalmente, a pesar das protestas de agricultores e gandeiros ao longo de toda a Unión Europea, pois entenden que o sector primario, especialmente o vacún de carne e o avícola, sairá prexudicado por este tratado.

O acordo eliminará gradualmente os dereitos de importación sobre máis do 91% das mercancías da UE exportadas ao Mercosur, un mercado de máis de 700 millóns de persoas. A partir de mañá, o acordo eliminará ou reducirá drasticamente os aranceis sobre as principais exportacións crave da UE, como os automóbiles, os produtos farmacéuticos, o viño, as bebidas espirituosas e o aceite de oliva.

Espérase que o acordo aumente as exportacións agroalimentarias da UE á rexión nun 50%, e entran en vigor os primeiros continxentes arancelarios e reducións. Ademais, sempre a partir de hoxe, 344 indicacións xeográficas europeas, gozarán de protección xurídica no Mercosur, o que impedirá a súa imitación neste mercado de consumo en expansión.

Desde a Comisión Europea destacan que “os sectores agroalimentarios sensibles da UE beneficiaranse de toda a protección necesaria grazas a uns continxentes arancelarios coidadosamente calibrados, un mecanismo de salvagarda sen precedentes e uns controis reforzados”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información