As probas de xuño de CONAFE confirman a hexemonía da xenética producida en Galicia dentro de España. Así, Xenética Fontao ten practicamente o 60% dos mellores touros probados por GICO, tanto no top 50 coma no top 25 como entre os 10 primeiros.
Delano, o touro número 1 de España
Delano (MOM x Shottle, familia Elsa) que xa foi un destacado touro xenómico no seu día e debutou como touro probado nas pasadas probas de novembro 2014 como número 3, é o actual líder da lista dos mellores touros probados españois.
Delano mostra unha proba moi balanceada con excelentes trazos de saúde, moi bo tipo e destacadas producións de leite con positivos % de graxa e proteína.Despois de Delano como número 1 séguelle Torrel no número 2, Thosno posto 3, Elsar no 4, Gerardo no 5 e Turin en no 6.
Trazos de produción: números 1 en quilos de leite e en graxa
|
CLASIFICACIÓN DE TOUROS PROBADOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE PRODUCIÓN |
|||||
|
KG DE LEITE |
KG DE GRAXA |
KG DE PROTEÍNA |
|||
|
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
| TORREL | 1 | THOS | 1 | HORACIO | 5 |
| XUBILEO | 3 | AMBAR | 3 | PLANET | 6 |
| XUDAN | 6 | DIXIE | 10 | DIXIE | 7 |
| THOS | 9 | ||||
| MINNESOTA | 10 | ||||
Trazos de tipo: Delete número 1 en ubre e en tipo
Destacar nas probas de tipo e ubre a supremacía unha vez máis de DELETE, o mellor touro para estes trazos da historia da raza frisoa española, a punto de cumprir os seus oito anos de idade e con miles de fillas en España ( e tamén en Canadá, Francia, Alemaña e Austria). Despois de sete probas consecutivas, resulta imbatible unha vez máis.
Ademais de confirmar as súas excelentes probas de tipo touros comoTorrel, Gospell ou Betanzos, merece mención especial a irrupción con forza neste campo dalgún touro de primeira proba, como JAY (Gerard x Goldwyn) procedente dunha recoñecida familia americana sobresaínte en tipo (Chief Tara), dalgún fillo do mítico Xacobeo, como XILO (Xacobeo x Duplex, familia Precious), e dun membro da familia de Snowman, como ELSAR (Super x BW Marshall), que xa foi no seu día un touro moi destacado para ubres na primeira proba xenómica española oficial.
|
CLASIFICACIÓN DE TOUROS PROBADOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE TIPO |
|||||
|
TIPO XERAL IGT |
UBRES |
PATAS E PÉS |
|||
|
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
| DELETE | 1 | DELETE | 1 | TORREL | 1 |
| JAY | 3 | SEELER | 2 | XILO | 3 |
| BETANZOS | 4 | BETANZOS | 4 | PROTUS | 4 |
| XILO | 5 | ELSAR | 5 | DELANO | 5 |
| GOSPELL | 6 | XILO | 7 | ||
| TORREL | 7 | COSPEITO | 8 | ||
| JAY | 10 | ||||
Trazos de saúde
Os trazos de saúde, e sobre todo de lonxevidade, cobraron máis relevancia por primeira vez na avaliación xenética realizada por CONAFE. De novo, os touros de Xenética Fontao sitúanse na vangarda.
|
CLASIFICACIÓN DE TOUROS PROBADOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE SAÚDE |
|||||
|
CÉLULAS SOMÁTICAS |
LONXEVIDADE |
DÍAS ABERTOS (Fertilidade das fillas) |
|||
|
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
| SEELER | 1 | SEELER | 1 | MINNESOTA | 1 |
| AMBAR | 2 | COSPEITO | 2 | TURIN | 2 |
| VILACOBO | 3 | TURIN | 3 | ECLIPSE | 3 |
| THOS | 4 | ELSAR | 4 | XUDAN | 6 |
| BETANZOS | 5 | CHOREN | 6 | CHORÉN | 7 |
| DELANO | 7 | JAY | 9 | ||
| JAY | 9 | PROTUS | 10 | ||
Valoración de Xenética Fontao:
1- Confirmación dos mellores touros entre os mellores touros españois:
A permanencia na elite da raza daqueles touros que xa debutaron en destacadas posicións en anteriores avaliacións e que, a medida que engaden datos de novas fillas, confirman as súas excelentes probas sen perder un ápice de calidade. Así encontramos touros xa moi ben coñecidos como: Delano,Torrel, Thos, Dixie, Gospell, Xudan,Xubileo ou Delete, entre outros.
Mención especial para os fillos de Xacobeo: Dixie e Xubileo, que confirman as súas permanencia no TOP 50 GICO, destacando Dixie(Xacobeo x Goldwyn) polas súas boas calidades de graxa e proteína e a potente morfoloxía que transmite, e Xubileo (Xacobeo x Bolton) polas altas producións de leite. Un novo fillo de Xacobeo incorpórase ao TOP 50: Xilo (Xacobeo x Duplex) cunha máis que interesante proba sobre todo para tipo e trazos de saúde.
E que dicir de Delete que revalida o seu título de n.º 1 en tipo e n.º 1 en ubres a nivel nacional tras sete probas consecutivas!
2- A irrupción con forza de novos touros de Xenética Fontao na listaTOP 50 GICO:
Touros con pedigrees actuais e fillos das mellores vacas, descendentes, á súa vez das mellores familias, tanto a nivel nacional como internacional: Gerardo, Turin, Minnesota, Eclipse, Seeler, Niaty Choren, Cospeito, etc
3- A presenza dos prefixos dalgunhas das mellores gandarías nacionais e europeas nos nomes dos mellores touros: Thos, Nodi, Baixo, Anderstrup, Broeks, etc o que revela, en primeiro lugar, o gran labor de criadores levado a cabo por estes gandeiros elite e, en segundo lugar, o seu compromiso na oferta do seu mellor produto a Xenética Fontao.
4-A supremacía absoluta de Xenética Fontao na lista dos touros con probas máis fiables (99% de fiabilidade) do panorama nacional:
Dos 14 touros probados españois con 99% de fiabilidade, 9 son propiedade de Xenética Fontao. Os touros do centro galego non soamente son os mellores, senón que son os máis que fillas teñen e máis repartidas en distintos cortes (ambientes), e polo tanto, as súas probas son as máis fiables e sofren menos altibaixos.
Quixote e Suprem, líderes nos touros xenómicos de España
A hexemonía da xenética galega tamén se deixa notar nos touros xenómicos. Así, segundo a avaliación de CONAFE, dos 50 mellores touros de España, a metade son de Xenética Fontao.
Mención especial para os dous touros que ocupan os dous primeiros postos do ránking: QUIXOTE (Balisto x Snowman x Shottle x Boliver, familia Heidi) e SUPREM (Shotglass x Altagreatest, familia Barbie).
QUIXOTE é un representante da familia Heidi, a máis buscada actualmente en Europa. A nai de Quixote, Anderstrup Snow Heaventen cinco fillos no TOP 10 xenómico alemán ademais do Nº1 xenómico danés, todos eles, irmáns maternos de Quixote.
Quixote ten o que todo touro n.º 1 debe ter: unha tremenda proba para produción, con moitos kg de leite e porcentaxes positivas de graxa e proteína ( é o touro xenómico n.º 1 en kg de proteína e n.º 4 en kg de graxa); unha proba moi equilibrada e sen debilidades en tipo xeral, ubres e patas e destacados trazos de saúde. Un atractivo engadido de Quixote no seu peculiar pedigree, como no caso de Delano, libre de sangue Goldwyn.
SUPREM é un touro procedente dunha das mellores familias de vacas a nivel internacional (familia Barbie), pero cun pedigree diferente e peculiar (Shotglass x Altagreatest) combinando o mellor da súa liña materna (tipo excepcional) e a súa liña paterna (altas producións de leite). Suprem é ademais un touro para facer vacas de futuro polos seus excelentes trazos de saúde (n.º 1 dos touros xenómicosespañois para Lonxevidade, Número 2 para RCS e entre os mellores para fertilidade de fillas (Días abertos).
Outros touros xenómicos de Xenética Fontao no top 50
Outros destacados recén chegados ao TOP 50 genómico son JULIUS (Balisto x Epic) con fortes calidades de leite e número 1 en patas que se sitúa no quinto posto do ránking, no 7 encontramos a BIKOKA (Balisto x Shottle) con tremendas producións de leite e altas calidades, séguelle DELUXE no posto número 8 un irmán materno de Quixote, neste caso fillo de Big Point, e outro membro máis, polo tanto, da familia de vacas “Heidi”, unha das máis apreciadas hoxe en día en Europa e que tan altas xenómicas está a transmitir.
Pechando o TOP 10 temos a DERBY (Doorman x Snowman), un interesante touro procedente do programa embrionario de XF con irmáns completos moi destacados en xenómica noutros países e que non presenta unha soa debilidade na súa proba: altas producións e excelente tipo con moi bos trazos de saúde.
En postos destacados do TOP 50 continúan os xa ben coñecidos xenómicos MELENDI, INVICTUS, SNOWSEN, TOPMAX e SALNÉS, entre outros.
|
CLASIFICACIÓN DE TOUROS XENÓMICOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE PRODUCIÓN |
|||||
|
KG DE LEITE |
KG DE GRAXA |
KG DE PROTEÍNA |
|||
|
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
| DELUXE | 3 | JULIUS | 1 | QUIXOTE | 1 |
| SNOWSEN | 5 | CASAL | 2 | SNOWSEN | 4 |
| SALNÉS | 9 | BIKOKA | 3 | DELUXE | 5 |
| QUIXOTE | 4 | EMBRUXO | 6 | ||
| CITIZEN | 6 | JULIUS | 7 | ||
| SUMMUM | 8 | BIKOKA | 8 | ||
| DERBI | 9 | SUMMUM | 9 | ||
| SNOWSEN | 10 | ||||
|
CLASIFICACIÓN DE TOUROS XENÓMICOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE MORFOLOXÍA |
|||||
|
TIPO XERAL |
UBRES |
PATAS |
|||
|
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
| LARRY | 3 | LARRY | 2 | JULIUS | 1 |
| MELENDI | 4 | MELENDI | 3 | HOK | 5 |
| INVICTUS | 5 | TOP MAX | 5 | SALNES | 6 |
| CITIZEN | 6 | KONING | 7 | SUPREM | 7 |
| DERBI | 9 | PRODIXIO | 8 | QUIXOTE | 8 |
| CITIZEN | 9 | DELUXE | 10 | ||
Carácteres de saúde: Suprem é o número 1 en Lonxevidade e o segundo en RCS
Por último, nos trazos funcionais ou de saúde, que tanta importancia teñen hoxe en día na selección e mellora da raza Holstein e cuxo peso específico se incrementa na nova fórmula do GICO utilizada nestas probas, os touros de Xenética Fontao tamén dominan de forma absoluta os máis destacados trazos.
|
CLASIFICACIÓN DE TOUROS XENÓMICOS DE XENÉTICA FONTAO NOS RASGOS DE SAÚDE |
|||||
|
RCS (Reconto de células somáticas) |
LONXEVIDADE |
DÍAS ABERTOS (Fertilidade das fillas) |
|||
|
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
NOME |
POSTO |
| DERBI | 1 | SUPREM | 1 | PICARO | 3 |
| SUPREM | 2 | MELENDI | 3 | KONING | 5 |
| QUIXOTE | 4 | GALÁCTICO | 7 | SIRIO | 6 |
| MELENDI | 6 | KONING | 9 | SUPREM | 8 |
| PÍCARO | 8 | ||||
| INVICTUS | 10 | ||||
Para a dirección de Xenética Fontao, “con estes resultados cremos poder cumprir de sobra o noso máis importante obxectivo: poñer a disposición do gandeiro a mellor xenética a nivel internacional a prezos competitivos, tanto no presente coma no futuro”.
Galego








Control OJD