O 58% dos Concellos galegos xa emprendeu a revisión da contribución rústica

Unións Agrarias prevé que boa parte dos municipios que aínda non iniciaron a actualización catastral se sumen ó longo do 2016. Cifra nuns 90 millóns de euros o aumento da tributación no rural

O 58% dos Concellos galegos xa emprendeu a revisión da contribución rústica

Pendellos e instalacións agrarias incluiranse na contribución rústica.

A revisión catastral que se iniciou no 2013 no rural xa afecta a 183 concellos galegos. En 85 xa se rematou e noutros 98 traballan agora na actualización dos datos. O proceso, como é habitual, está a poñer ó día novas vivendas ou ampliacións das mesmas. A cuestión que máis preocupa no sector agrario é a novidade que supón a inclusión de todo tipo de instalacións agrarias na contribución rústica. Cortes, naves, pendellos ou palleiras pasarán a tributar no Imposto de Bens Inmobles (IBI) tras a revisión, con independencia de que estean en uso ou non.

O problema, segundo calculan desde Unións Agrarias, comezará a aflorar nos próximos meses, a medida que os Concellos que xa remataron a revisión lles trasladen ós propietarios as novas tarifas de contribución. Tanto Unións Agrarias como Ventonoso, un colectivo ligado á organización, demandan dos Concellos unha rebaixa das taxas e bonificacións para as instalacións gandeiras.

Os datos que manexa o sector apuntan a que un 58% dos concellos galegos xa se embarcou no proceso de revisión. Os restantes aínda poden solicitar a revisión ó longo do 2016, unha medida que adoptarán boa parte dos municipios que quedan pendentes, segundo estima Unións Agrarias. A organización cifra en 90 millóns de euros o aumento de tributación que suporá no rural a renovación do Catastro de rústica.

Ofrecemos a continuación, por orde alfabético, o listado dos concellos que xa remataron a revisión catastral e daqueles que están agora con ese proceso, segundo os datos publicados no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña

Revisión finalizada: Ares, Bergondo, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cariño, Carnota, Carral, Coristanco, Culleredo, Irixoa, Fene, Laracha, Malpica, Mañón, Melide, Mugardos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Sada, Tordoia, Valdoviño, Vedra, Vimianzo.

Revisión en proceso: Ames, A Baña, Betanzos, Boimorto, Brión, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Dumbría, Ferrol, Frades, Laxe, Mesía, Muros, Neda, Noia, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Sobrado, As Somozas, Teo, Vilasantar.

Lugo

Revisión finalizada: Abadín, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, Friol, Láncara, Lugo, As Nogais, Outeiro de Rei, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Sober, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro.

En revisión: Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Becerreá, Bóveda, Cervantes, Cervo, O Corgo, A Fonsagrada, Guitiriz, Guntín, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Samos, O Saviñao, Trabada, Triacastela, Xermade, Xove.

Ourense

Revisión finalizada: Allariz, Amoeiro, Arnoia, Avión, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Cualedro, Esgos, Gomesende, Lobeira, Melón, A Merca, Monterrei, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, Petín, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Toén, Verea,Verín, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía.

En revisión: Calvos de Randín, Carballeda de Avia, O Carballiño, Celanova, Coles, Maceda, A Mezquita, Montederramo, Muiños, Oimbra, Parada de Sil, A Peroxa, A Pobra de Trives, Pontedeva, Punxín, Quintela de Leirado, Riós, San Cristobo de Cea, A Veiga, Vilar de Barrio.

Pontevedra

Revisión finalizada: Arbo, Bueu, Campolameiro, A Cañiza, O Cobelo, Meis, Moraña, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontecaldelas, Salceda de Caselas, Tomiño.

En revisión: Agolada, Caldas de Reis, Cangas, Cerdedo, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Marín, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Pontecesures, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Vilanova de Arousa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *