O 50% do nitróxeno do xurro pode perderse segundo o momento no que se aplique

María Isabel García Pomar, investigadora do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam) realiza unhas recomendacións sobre o momento idóneo para a aplicación do xurro.

O 50% do nitróxeno do xurro pode perderse segundo o momento no que se aplique

O enterrado do xurro permite reter máis nitróxeno, Foto: Ciam

O xurro é un fertilizante de gran valor para as explotacións gandeiras, que pode permitir cubrir as necesidades en nutrientes dos cultivos, cun importante aforro de custos. Sen embargo, dependendo da forma, do momento e das condicións de aplicación, pódese perder ata un 50% do nitróxeno que contén pola transformación en gas amoníaco do nitróxeno que está no xurro en forma amoniacal, como tamén por lavado dos nitratos nas épocas de outono e inverno.

Neste sentido, María Isabel García Pomar, investigadora do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam) explicou recentemente nunhas xornadas celebradas en Lugo cales son as claves para mellorar a eficiencia da utilización do nitróxeno do xurro durante a súa aplicación.

Dos aproximadamente 30 quilos de nitróxeno que conteñen unha cuba de xurro de 10 m3, poden perderse por evaporación entre 3 e 18 quilos, segundo a forma e as condicións de aplicación do xurro. Así se reflexa no seguinte cadro:

Eficiencia na utilización do nitróxeno do xurro

Cantidade

Forma de aplicación

Momento de aplicación

Condicións de aplicación

Óptimas

Boas

Malas

10.000 kilos (uns 10 metros cúbicos) de xurro conteñen 30 kilos de nitróxeno Coberteira Finais de inverno 0,7 0,6 0,6
Primavera 0,5 (15 kg de N) 0,5 0,4 (12 kg de N)
Outono 0,4 0,3 0,3
Soterrado Inmediatamente 0,9 (27 kg de N) 0,8 0,7
Menos de 4 horas 0,8 0,7 0,6
O mesmo día 0,7 0,6 0,5 (15 kg de N)

Con estes datos despréndese que::

-A forma de aplicación máis axeitada é a inxección, para evitar o contacto co aire. En caso de non ser posible e ter que esparexelo en parcela antes da sementeira -por exemplo do millo-, recoméndase enterralo pasándolle á parcela unha grade o antes posible, xa que o 50% das perdas ocorren nas primeiras 5-6 horas.

-As condicións óptimas para a incorporación do xurro son con elevada humidade relativa do aire (orballo, ao amencer ou ao solpor), con vento en calma e baixas temperaturas, pera reducir a evaporación. Non se recomenda aplicar o xurro con tempo seco, ao mediodía, con forte vento e/ou con altas temperaturas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información