A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O 2024, un gran ano para Lely en Galicia

A firma holandesa ten instalado máis de 80 robots de muxido no ano 2024 na comunidade galega, unha cifra record que espera seguir mellorando nos próximos anos

Lely España, Ganaderia Pazos, Jesús Perfecto. Dumbria, La Coruña.

Lely España, Ganaderia Pazos, Jesús Perfecto. Dumbria, A Coruña.

O ano 2024 foi un ano record para Lely en Galicia, con máis de 80 robots instalados e cunha previsión para o ano 2025 que prevé superar a cifra dos últimos 12 meses. Cada vez véndense máis robots de muxido e a empresa Lely segue sendo a líder en vendas e instalacións.

Nun momento onde os robots de muxido están á alza, a multinacional holandesa, Lely, non para de aumentar o seu parque instalado. Más de 440 robots muxen na actualidade en Galicia, unha cifra que neste ano 2025 aumentará a máis de 500 Astronauts en muxido.

O Lely Astronaut A5 segue sendo a máquina pola que máis apostan os gandeiros galegos, sendo esta a máis vendida e a máis demandada. Aínda que non hai que esquecer que, en Galicia, Lely tamén vende robots reconstruídos, entre os cales os Astronauts A4 colleron especial relevancia nos últimos meses, xa que son unha opción moi interesante para algunhas granxas que non queren facer un investimento tan grande, pero que si queren robotizar o muxido.

Para Óscar Entrecanales, xerente da empresa Agrotec Entrecanales, que xestiona Lely na comunidade autónoma galega, o 2024 foi “espectacular, é dos mellores anos que tivemos”. O crecemento en número de máquinas obrigou á empresa a “un gran esforzo en aumento de persoal e recursos para ser capaces de asumir tanta demanda”.

LELY FOTO 2Para este 2025 o obxectivo é claro: “superar as 500 máquinas en muxido”, comenta Entrecanales. A penetración da robotización é máis baixa que noutras comunidades españolas, polo que a marxe de crecemento na comunidade galega é máis grande que no resto de España.

Por comparar con outras comunidades autónomas, por exemplo Cantabria, “a taxa de robotización é máis grande, pero esa taxa en Galicia é máis baixa polo que o crecemento ten que seguir sendo extraordinario”, asegura Óscar.

LELY FOTO 3Despois dos robots de muxido, a máquina que máis demanda suscitou no ano 2024 foi o Lely Discovery Collector. “En Galicia entre o ano 2023 e 2024 van máis de 60 máquinas instaladas e funcionando”, comenta o xerente de Agrotec Entrecanales.

O Lely Collector é a máquina da multinacional holandesa que se encarga da limpeza dos chans lisos nas granxas e pola que cada día interésanse máis gandeiros, debido ao seu baixo custo de mantemento e á eficacia na limpeza dos establos.

LELY FOTO 4O Lely Vector, o robot de alimentación intelixente de Lely, é a materia pendente en Galicia. Para Óscar Entrecanales, “hai varias granxas que o teñen e con bos datos, pero creo que gran parte da culpa de que non se venderon tantos Vector no mercado galego pode ser nosa”.

O Lely Vector é unha máquina “moi interesante que seguro que encaixará moi ben nas granxas galegas”, comenta Entrecanales. Neste ano 2025 está prevista a instalación de varios Vectors, o que seguramente favoreza unha maior demanda nos próximos anos.

LELY FOTO 5“Neste 2025 imos darlle un empuxón ao Vector. Temos un equipo específico só para as máquinas pequenas de Lely e para o Vector, o que nos permite ser moito máis eficaces e especializados en cada unha das máquinas. Imos ser máis eficaces e capaces de absorber a demanda de todas as máquinas”, asegura Óscar Entrecanales.

LELY FOTO 6O persoal de Agrotec Entrecanales non parou de aumentar nos últimos anos. “Somos case 50 persoas en Galicia”, comenta Óscar, que tamén di que “hai que pensar que por cada 30 robots que se instalan necesítase un novo técnico, polo que o crecemento do persoal tamén é moi importante”.

Neste ano 2025, tamén se incorporará un novo equipo de instalación, polo que Lely en Galicia terá cinco equipos que se encargarán de instalar os robots de muxido. Eses equipos están compostos por tres persoas cada un, algo que permitirá á empresa seguir medrando e conseguindo records de vendas.

“Temos un cadro de persoal moi novo e motivado, e traballar con este tipo de xente é unha gran vantaxe, tanto para nós como para os clientes”, finaliza Óscar Entrecanales.

Bodegraven

Bodegraven

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *