A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nutrición integral do millo forraxeiro: Agromaster Start Mini + Agroleaf

Unha boa estratexia de abonado con fertilizantes de liberación controlada axudaranos claramente na loita contra as malas herbas, proporcionándonos unha boa implantación do cultivo e asegurándonos chegar ao final do mesmo co Nitróxeno necesario para aproveitar toda a capacidade produtiva do noso millo

Millo abonado con ICL.

Millo abonado con ICL.

A aposta de ICL para millo está baseada nun concepto: optimizar. Por iso é polo que falamos de Agromaster Optimizado. As tecnoloxías usadas no cultivo de millo son Poly-S e E-Max, para encapsular nitróxeno en forma ureica, proporcionando dispoñibilidade para a planta das tres formas de Nitróxeno durante todo o ciclo do cultivo. Deste xeito, a planta pode elixir a forma de Nitróxeno máis conveniente en cada momento e optimizar así os seus recursos.

Vantaxes da aplicación de Agromaster Start Mini
Temos que ter en conta que, como nos comentan moitas das empresas que comercializan herbicidas, hai que loitar contra estas malas herbas resistentes desde varios enfoques e, un deles, é a fertilización localizada na sementeira, poñendo en vantaxe a semente de millo sobre o resto de sementes de malas herbas presentes na parcela.

A fertilización localizada na sementeira permitiranos optimizar os nutrientes e loitar contra as malas herbas

Se realizamos abonados a toda a superficie, sen localizar o fertilizante, estamos a favorecer a proliferación destas malas herbas sobre as nosas parcelas. O máis indicado, por tanto, é fertilizar e nutrir o cultivo que imos implantar, de xeito que sexa o que reciba a maior achega de nutrientes.

grafico 3

Optimización da nutrición
O principio básico de Agromaster é usar as materias primas da maneira máis eficiente posible. Incorporamos para iso a mellor tecnoloxía de liberación controlada, as materias primas máis puras e unha formulación coa maior cantidade posible de unidades fertilizantes por tonelada. O que queremos almacenar, transportar e repartir nas nosas leiras son minerais que alimenten ao noso millo e non materia prima con a penas achega de nutrientes.

A terceira pata para a optimización é a fabricación a medida do fertilizante máis adecuado segundo as analíticas de cada leira.

Principio do funcionamento da tecnoloxía E-Max

grafico 1

Principio do funcionamento da tecnoloxía Poly-S

grafico 2

Tipos de fertilizante localizado para usar na sementeira

Que tipo de fertilizante usar? Desde ICL Specialty Fertilizers a recomendación é utilizar un fertilizante de sementeira de forma localizada, xunto á semente, e que teña unha parte do nitróxeno e do fósforo en forma encapsulada, o que denominamos fertilizantes de liberación controlada.

É moi importante que o nitróxeno nos dure e, tamén, que o fósforo aplicado non se bloquee no chan por un pH elevado. Para iso, ICL conta coa tecnoloxía E-Max, específica para o encapsulado de nitróxeno, e a tecnoloxía Poly-S. Ambas son a clave para que a liberación controlada destes nutrientes sexa eficaz e duradeira

Recomendamos utilizar formulacións altas en nitróxeno e fósforo, como Agromaster Start Mini 21-21-5+Mg, de 2-3 meses de lonxevidade

Dose que debo aplicar
No caso dos fertilizantes de liberación controlada e aplicados de forma localizada, tipo Agromaster Start, podemos aplicar unha dose de 50 kg/ha, algo moi importante á hora de controlar a eficiencia e eficacia dun fertilizante de sementeira.

Aplicar estas doses baixas en sementeira é unha forma de mellorar o medio ambiente e, sobre todo, de evitar a contaminación das zonas xa vulnerables.

Tipos de Agromaster optimizado para unha única aplicación

Desde ICL Specialty Fertilizers apostamos por dúas liñas de traballo:

1) Unha gama coas formulacións que consideramos máis adecuadas para o millo nos nosos solos, sempre con tecnoloxía de liberación controlada E-Max e coa maior cantidade de unidades fertilizantes por tonelada posible. Así, evitamos usar cargas non útiles para as nosas plantas.

Formulacións Agromaster
30-11-11 – 25 % Liberación Controlada de Nitróxeno con E-Max
27.10.10. – 25 % Liberación Controlada de Nitróxeno con E-Max

2) A fabricación a medida do Agromaster Optimizado máis adecuado para cada leira. Para iso, apostamos por un servizo personalizado con visitas dos nosos enxeñeiros, previa realización de analíticas e confirmación de cita co noso distribuidor en cada zona (www.icl-sf.es).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *