A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nudima de Madera logra o selo PEFC de sustentabilidade

Nudima de Madera logra o selo PEFC de sustentabilidade

A empresa estradense Nudima de Madera, S.L. súmase á certificación forestal PEFC ofrecendo aos seus clientes produtos con garantía de sustentabilidade. A través da súa cadea de custodia PEFC promove a xestión forestal sostible nos montes e garante a rastrexabilidade do produto ata que chega ao consumidor final.

Nudima de Madera, S.L é unha PEME que se dedica á fabricación e venda de produtos de ebanistería, tornaría e compoñentes de mobiliario e que xa conta co selo de Artesanía de Galicia. “Puido comprobar que o proceso de certificación é moi sinxelo e que no prazo de apenas un mes puido implementar o proceso e superar con éxito a auditoría realizada por Bureau Veritas Iberia, S.L., entidade independente a PEFC e acreditada por ENAC”, destacan dende PEFC Galicia.

José Ferradáns, Xerente de Nudima de Madera, S.L., recibiu o pasado mércores 11 de marzo o certificado internacional PEFC da man de Elsa Grille, responsable técnico de PEFC en Galicia. Participaron no acto de entrega Ignacio Lema Piñeiro, Director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Montserrat Rodríguez Ogea, Directora da Área de Innovación de XERA, e Ignacio Rial Santomé, Xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *