
José Ángel Millares, diante do concesionario en Lugo
Unha nova marca de tractores está entrando con forza no mercado galego. Trátase dos modelos Fastrac de JCB, que unen a fiabilidade dunha marca líder a nivel mundial en telescópicas ou escavadoras cos últimos adiantos tecnolóxicos na gama de maquinaria agrícola.
JCB leva construíndo tractores desde 1991 e tras 21 anos de innovación, a gama Fastrac actual inclúe os tractores máis produtivos, versátiles, cómodos e seguros do mercado.
JCB leva construíndo tractores desde fai máis de 30 anos
“O que os proba queda encantado”, afirma José Ángel Millares, xerente da empresa lucense de maquinaria agrícola Millares Torrón SL, que ten a representación dos tractores JCB para toda Galicia.
Premio á innovación en Gandagro
O modelo Fastrac 4220 iCON vén de acadar un dos premios á innovación na recente edición da feira Gandagro, celebrada a finais de febreiro no recinto feiral de Silleda. Destaca pola ser unha máquina moi versátil e por levar dobre dirección, o que facilita a súa manobrabilidade, así como suspensión dianteira e traseira, que se pode variar de forma independente, por exemplo para saír de xeito doado en caso de enterrarse.
Os tractores JCB destacan pola súa grande versatilidade
Trátase dun tractor con motor de 6 cilindros e unha potencia máxima de 235 CV (PAR de 1.000 Nm) que acada os 60 Km/h de velocidade máxima e ten unha capacidade de elevación no tripuntal traseiro de até 8.000 kg e no tripuntal dianteiro de 3.500 kg.
Versatilidade durante todo o ano
O Fastrac da Serie 4000 é unha máquina multitarefa que conta con cinco puntos de conexión para implementos, o que fai dos tractores JCB que sexan tan versátiles e produtivos. O seu entorno de operador configurable e a compatibilidade con ISOBUS facilita aínda máis os cambios de apero.
Con unha velocidade máxima de 60 km/h e freos ABS estándar para camións, o Fastrac iCON pode desprazarse dunha finca a outra de maneira rápida e segura, o que axiliza os traballos e permite acadar unha maior produtividade nas condicións habituais de superficie agraria das explotacións en Galicia, caracterizada pola dispersión e o pequeno tamaño das parcelas.
O agarre, a tracción e a comodidade son tres características nas que destacan os tractores JCB
“A súa exclusiva suspensión total permite aos operadores traballar máis rápido e durante máis tempo en superficies agrícolas irregulares”, destaca José Ángel Millares, que salienta o agarre, a tracción e a comodidade como tres características nas que destacan os tractores JCB.
Desde 167 a 348 cabalos

A cabina garante unha visión periférica de 360º
Os tractores JCB Fastrac están dispoñibles desde 167 a 235 cabalos na serie 4000 e de 281 a 348 cabalos na serie 8000, polo que “é unha máquina moi versátil que se adapta a todo tipo de explotacións, independentemente do seu tamaño e das súas necesidades”, destaca José Ángel.
Os tractores JCB contan cunha suspensión dianteira e traseira excepcional que proporciona unha condución, confort e tracción insuperables
Os freos de disco externos ofrecen unha excelente disipación da calor e un rendemento moi superior ao dos sistemas bañados en aceite dos tractores convencionais, mentres que o exclusivo chasis completo dos tractores JCB está deseñado para achegar resistencia e estabilidade e capacidade de carga.
A cabina montada no centro reduce o trepidado e contribúe a lograr unha distribución do peso case perfecta, o que aumenta a comodidade do operador, proporcionando unha excelente visibilidade de 360° para o condutor.
A ubicación central da cabina proporciona unha comodidade adicional e unha excelente visibilidade de 360°
A dirección ás 4 rodas con modos de dirección seleccionables achega aínda máis versatilidade e manobrabilidade. A opción de dirección rápida acelera e facilita aínda máis as viraxes en cabeceira ao operador, proporcionando maior rendemento no traballo.
Demostracións por toda Galicia
Para dar a coñecer os tractores JCB, a empresa Millares Torrón está a facer demostracións por distintas zonas de Galicia. “Agora mesmo temos xa en carteira 16 demostracións programadas por toda a comunidade nos vindeiros meses, polo que se alguén ten interese en coñecer de primeira man esta nova gama de tractores que se poña en contacto con nós para asistir a unha destas citas xa programadas ou pedir unha específica na súa zona”, indica José Ángel Millares.
Millares Torrón presta asistencia integral aos seus clientes, con taller propio e servizo de recambios
“Sempre temos un tractor de demostración que pode probar calquera e tamén un tractor de substitución para que ningún cliente quede tirado en plena campaña por unha avaría”, explica. De todos xeitos, Millares Torrón presta servizo técnico de asistencia con taller propio e servizo de recambios.
JCB, marca líder en telescópicas: resistencia, durabilidade e fiabilidade
A empresa británica JCB, que debe o nome ao seu fundador, Joseph Cyril Bamford, é unha empresa familiar fundada en 1945 líder en sectores como o da maquinaria para contrución e que leva fabricando tamén tractores desde o ano 1991.
É a marca número un a nivel mundial tamén en telescópicas, que destacan pola súa fiabilidade. “É unha máquina fabricada integramente por JCB, tanto o motor como o chasis, os eixos ou a cabina. Salvo as rodas, que as podes escoller da marca que queiras”, explica José Ángel Millares.
Millares Torrón recibiu o premio ao mellor concesionario de España no 2024
Millares Torrón recibiu o premio ao mellor concesionario de España no 2024. Desde o 2016 contaba coa representación de JCB para as provincias de Lugo e A Coruña e a partir deste ano aumentouna a toda a comunidade.
QUERES PROBAR OS NOVOS TRACTORES JCB?
Ponte en contacto con Millares Torrón SL:
Teléfono: 982 221 966
Email: correo@millarestorron.com
Marcos Gandoi (SAT Dorna): “É un tractor rápido que nos vai permitir aforrar moito tempo nos desprazamentos ás fincas”

Marcos, Luis e Ramón, os tres socios de SAT Dorna, co seu novo tractor JCB Fastrac 8330 iCON
Varias unidades dos tractores JCB Fastrac foron xa adquiridas por distintas explotacións galegas, como Baixo Holstein de Sarria, Valdorrama SAT do Saviñao, Ponce de Oroxe de Castro de Rei, a Cooperativa de Vilaxuste de Portomarín, Gandería Varela Labrada de Santa Leocadia ou SAT Dorna de Lugo, que vén de recibir o modelo Fastrac 8330, de 335 cabalos.
Marcos Gandoi, un dos tres socios desta gandería de leite ubicada en Santa Marta de Fixós, destaca algunhas das características que lles fixeron decantarse por este tractor: “É un tractor bo para o transporte porque alcanza os 70 km/h por estrada. Nós aquí facemos sobre 16 millóns de litros de purín que hai que sacar a unha media de 5 km de distancia e se consegues aumentar a velocidade tan só en 10 km/h por enriba do que vas xa é un aforro de tempo considerable ao longo do ano. Ademais, as campañas son cada vez máis rápidas e non podes estar 15 días para baleirar o pozo do purín, porque iso implica, por exemplo agora, retrasar a sementeira do millo”, razoa.

Marcos, co novo tractor pisando no silo de herba
O servizo post-venda que ofrece Millares Torrón influiu tamén na súa decisión de compra, así como determinadas innovacións que incorpora, como a amortiguación dianteira e traseira ou a dobre dirección. SAT Dorna confía na marca JCB e na súa fiabilidade a nivel mecánico. “Por exemplo, os freos lévaos fóra, mentres que en gran parte das outras marcas de tractores os discos van dentro e se se che desfán os freos vanche para os sistemas hidráulicos, neste non tés ese perigo”, valora.
É unha marca moi recoñecida; coa telescópica estamos moi contentos
Nesta expltación teñen tamén unha telescópica JCB, que mercaron fai dous anos. “Coa telescópica estamos moi contentos. É unha marca moi recoñecidaSe parase hoxe, mañá imos por outra. Aquí non pode faltar. E volvería ser articulada”, din.

SAT Dorna ten tamén desde fai dous anos unha telescópica da marca JCB
Trátase do modelo 320, de 150 cabalos e que acada os 40 km/h. “Da telescópica destacaría a visibilidade que ten ao ser articulada e ter o brazo centrado. É tamén que é moi rápida para desprazarse, o que reduce os tempos cando temos que ir con ela a fincas que están alonxadas do establo”, indica Luis, outro dos socios da granxa.
A telescópica é a maquinaria que máis usamos; todos os días fai algo
“A telescópica chegou á nosa explotación en decembro de 2022 e ten xa 730 horas e 620 km. O único que lle gaña facendo horas é o robot de arrimar a comida, porque mesmo o carro mesturador penso que non traballa tantas horas ao día como a telescópica. Anda seguido, sexa cun apero ou con outro, nós temos a barredora, o pelícano, o cazo de cargar e a forquita”, apunta.