Novos máximos dos xatos de recría e dos becerros carniceiros en Silleda

As cotizacións medias da Central Agropecuaria de Galicia seguen á alza nunha xornada na que a metade dos becerros mamóns tiveron non atoparon comprador polo conflito aberto entre unha parte dos tratantes e os responsables da feira polo sistema de poxa exclusivamente dixital

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou de novo hoxe dúas marcas en canto a prezos medios. Por una banda, a categoría de becerros de recría, que acadou a súa maior media con 553,60€ (o máximo estaba nos 535,99€ do martes 22 de abril). Por outra banda, a categoría de becerros carniceiros, que acadou un prezo medio de 1.588,78€ (o máximo estaba nos 1.525,44€ do 22 de abril).

A xornada de hoxe estivo marcada polo conflito aberto por parte dos operadores descontentos co sistema de poxa exclusivamente dixital posto en marcha pola Central Agropecuaria, o que levou a que 310 animais quedaran desertos na categoría de becerros de recría, tendo que voltar moitos deles ás súas explotacións de orixe. 

Silleda 06_05_2025 recriaOs prezos dos xatos carniceiros continúan tamén á alza, con medias de 940 euros para os machos de raza frisoa, 1.616 para os de cruce industrial e 1.827 para os de raza rubia galega. 

Silleda 06_05_2025 becerros carniceirosO vacún maior segue tamén en prezos elevados. A media dos 311 animais adxudicados na sesión deste martes foi de 2.149 euros, coas vacas de categoría extra por enriba dos 2.360 euros e as de categoría primeira en 1.211 euros. 

Silleda 06_05_2025 vacun maiorEn canto aos prezos de porcino, coellos, ovos e galiñas, non sufriron cambios na sesión desta semana. 

Pódense descargar as táboas completas e as cotizacións das Mesas de Prezos neste enlace.

O conflito entre compradores de recría e a organización do mercado de Silleda deixa fóra das poxas 311 xatos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información