Novos ataques dos xabaríns ás plantacións de millo no Deza e na Estrada

Novos ataques dos xabaríns ás plantacións de millo no Deza e na Estrada

Os xabaríns comeron a sementeira do millo desta finca de Silleda, que tivo que ser replantada

O sindicato Unións Agrarias denuncia novos ataques dos xabaríns ás plantacións de millo nas comarca do Deza, en concreto no concello de Silleda, así como na Estrada.

Segundo Román Santalla “os xabaríns están a arrasar fincas enteiras” e acusa á Xunta de Galicia de “non facer nada e de prohibir aos cazadores facer batidas nesta época para afastar as porcas de cría lonxe das plantacións”.

“Tampouco deixan afastar os xabaríns das fincas aportándolles alimento, cuestión está demandada pola sociedade de caza de Silleda e prohibida polo goberno da Xunta”, engade Santalla.

Ante esta situación, dende Unións Agrarias aconsellan aos gandeiros que “denuncien todos os danos indicando a parcela a través do Sigpac e mandar as denuncias á delegación da Xunta de Galicia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información