A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Novo spot do popular ‘Ratibrom’

Impex Europa, a empresa galega líder en España en venda de raticidas, filmou este outono o seu novo anuncio televisivo nunha tenda agrícola de Arousa, Comercial Agrícola Agrogrande

Impex Europa S.L., a empresa de Vilagarcía líder en España e Portugal en fabricación e venda de raticidas, tanto para uso profesional como doméstico, gravou este outono o novo spot do seu popular raticida Ratibrom nunha tenda agrícola da comarca de Arousa, en concreto en Comercial Agrícola Agrogrande SL., de Vilanova de Arousa.

A rodaxe das escenas do spot contou coa participación protagonista do actor Alfonso Agra, popular pola súa aparición en numerosas series televisivas e que desde hai anos é a imaxe da marca, e tamén coa intervención dos actores César Goldi, Rebeca Montero, Iván Rodríguez, Roi da Costa e Silvia Lorenzo.

O novo spot de Ratibrom, que xa se está a difundir en televisión, presenta o ‘Ratibrom rojo’, o tradicional de sempre, e tamén o ‘Ratibrom Azul’, que ten unha efectividade instantánea. Tal e como se conclúe no spot, ‘A solución é Ratibrom’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *