Novo récord nos prezos medios de becerros de recría e vacún maior

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou esta mañá o terceiro maior volume de facturación nunha sesión, con 1.336.766 euros

Novo récord nos prezos medios de becerros de recría e vacún maior

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou, por segunda semana consecutiva, os seus prezos medios máximos tanto na categoría de tenreiros de recría, con 493 euros, como na de vacún maior, con 1.963.

Segundo indican desde a organización, son uns prezos medios consecuencia da escaseza deste tipo de animais no mercado nacional e que contribuíron a que hoxe a Central alcanzase o terceiro maior volume de facturación nunha sesión, con 1.336.766 euros; por encima están 1.363.257 euros da semana pasada e o 1.439.812 euros do pasado 21 de xaneiro.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 226 euros, 23 euros máis que na da semana pasada; os de 21 a 50 días mantéñense nos 287 euros; finalmente, os de máis de 50 días pagáronse de media a 381 euros (+33 euros).

En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 538 euros (+55 euros), e as femias vendéronse a 361 euros, cun ascenso de 25 euros. Os de 21 a 50 días chegaron aos 613 (-2) e as femias a 420 euros (-16). Os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 888 euros (72 euros) e as femias de 581 euros (-73).

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial incrementaron o seu valor medio 150 euros e chegaron aos 1.477 euros con respecto á poxa pasada, mentres que as femias manteñen o prezo medio nos 1.167 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.575 euros de media os machos (+138 euros) e a 1.196 euros as femias (-170). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema presentan unha baixada do seu valor medio de 47 euros e quedan nos 1.411 euros por animal.

No vacún maior os prezos medios rexistraron baixadas en todas as categorías, fóra da primeira, que subiu 10 euros e fixouse nos 1.178 euros. Os demais quedaron da seguinte maneira: a categoría extra en 2.138 euros (-35) e a categoría segunda en 780 (-16). Os prezos dos animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia presentan unha subida 159 euros e quedan cun prezo medio de saída de 2.529 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino presentan unha suba de 0,02 nas seguintes categorías: o selecto, que alcanza os 1,575 euros/kg e o normal, quedándose nos 1,55. O de canle II sobe 0,026 e chega aos 2,013. O de desvelle queda nos 0,62/0,68.

Nos leitóns hai suba de 2 euros e os exemplares chegados dunha única granxa alcanzan os 75 euros (cun prezo de 3,75 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 70 euros e cun prezo por quilo de 3,5 euros.

11_02_2025_page-0002

No mercado do ovo, os prezos mantéñense igual: os da XL en 3,05 euros, os da L nos 2,51, os da M nos 2,31 e os da S en 2,01.

O prezo do coello continúa nos 2,30 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información