Novo recórd de prezos do gando vacún en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe dúas marcas en canto a prezos medios. Por una banda, a categoría de vacún maior, que acadou o seu maior prezo medio con 2.306,46€ (o máximo estaba nos 2.201, 17€ do pasado martes, se ben xa é a oitava vez este ano que se supera respecto ao máis alto do ano pasado).

Por outra banda, a categoría de becerros de recía, que o acadou con 534,21€(o máximo estaba nos 525,36 do pasado 25 de febreiro, se ben tamén nesta categoría xa é a quinta vez este ano que se supera respecto ao máis alto do ano pasado).

En xeral, houbo subas en todas categorías, notándose máis nos becerros de recría. Asi, nos xatos frisóns machos de 21 a 50 días o prezo medio pasou de 264 da pasada semana a 291 euros deste martes. Nos de cruce, na mesma categoría o prezo medio foi de 615 euros os machos e 460 as femias, fronte aos 592 e 449 euros, respectivamente, da sesión anterior. Nos de cruce de máis de 50 días os machos pagáronse de media a 905 euros e as femias as 667 euros (788 e 573 euros a semana pasada).

O bo momento de prezos que vive o sector productor tamén se trasladou aos becerros carniceiros: 1550 euros de media os de cruce e 1588 euros os de raza Rubia Galega, fronte aos 1426 e 1476 euros da semana pasada, respectivamente.

No vacún maior tamén se notou a alza de prezos: Na categoría Extra a media foi de 2455 euros (75 máis), na de primeira 1240 euros (19 máis) e na segunda 834 (130 máis)

silleda vacun 25 abril 8

Mesas de prezos

Nas mesas de prezos de hoxe, houbo subas en porco cebado, en tanto leitóns e ovos repiten cotizacións.

silleda porcino 25 abril 8

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información