Novo curso na Lama sobre iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne

Impartirase no edificio do Obradoiro dende o luns 8 ao venres 12 de novembro en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas e cun total de 25 horas lectivas

Publicidade
Novo curso na Lama sobre iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne
Data inicio: 08/11/2021
Data fin: 12/11/2021
Lugar: A Lama, España

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza dende o luns 8 ata o venres 12 de novembro un curso de iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne no concello pontevedrés da Lama. Organizado polo departamento de investigación e transferencia da Agacal, a formación celebrarase en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, cunha duración de 25 horas lectivas entre sesións teóricas e prácticas no edificio do Obradoiro do Concello

En concreto, analizarase a situación actual do sector, as razas de vacún de carne, a alimentación destes animais e a súa reprodución, así como conceptos básicos arredor da comercialización, da sanidade e do manexo ou sobre a implantación e fertilización de prados, entre outros.

Ademais, como peche da formación, os alumnos realizarán unha visita a unha gandaría próxima ás aulas onde se fará a práctica final, na que se porán en práctica todos os coñecementos adquiridos ao longo do curso. A xornada está orientada a todos aqueles agricultores en activo ou persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria interesadas nesta formación, en especial, mozos e mozas do medio rural galego.

Así, os interesados en participar nestes cursos deberán descargar as solicitudes de asistencia correspondentes que atoparán en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021. As solicitudes de asistencia deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico transferenciatecnoloxica.cmr@xunta.gal, podendo solicitar calquera información adicional no teléfono 981 546 689.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *