Novo curso de iniciación á micoloxía en Pontevedra

O CFEA Lourizán organiza un taller para coñecer a terminoloxía básica, os principais xéneros e a lexislación sobre os aproveitamentos micolóxicos en Galicia

Publicidade
Novo curso de iniciación á micoloxía en Pontevedra

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Lourizán (Pontevedra) acolle un novo curso de ‘Iniciación á Micoloxía’. A programación inclúe unha introdución á micoloxía (terminoloxía básica, formas de vida, ciclo biolóxico dos cogomelos e toxicidade). Ademais, estudarán varios xéneros e especies comúns, cunha sesión práctica incluída, e tamén a lexislación sobre os aproveitamentos micolóxicos en Galicia e o manexo de ecosistemas para favorecer a produtividade fúnxica.

As sesións serán os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de outubro de 15:00 a 20:00 horas. E para asistir é necesarios inscribirse através da ligazón https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/filtrar (buscar coa palabra “Micoloxía” ou o codigo “FC2025F136004”).

CFEA LOURIZAN COGOMELOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información