Novo boi de prezo récord en Silleda: 6.669 euros

Novo boi de prezo récord en Silleda: 6.669 euros

Exemplar vendido esta mañá por 6.669 euros en Silleda. // Foto. Central Agropecuaria de Galicia.

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca segue acadando marcas e superando os seus récords na categoría de vacún maior. Así, hoxe rexistrou o segundo mellor prezo pagado na historia deste mercado por un exemplar. Trátase dun boi de raza Rubia Galega de 7 anos pertencente a unha gandería de San Sadurniño (A Coruña) que foi adquirido por 6.669 euros por Frigoríficos Bandeira. Por encima desta cantidade soamente se sitúan na Central os 6.782 euros acadados por outro boi o 28 de xaneiro de 2020.

É a segunda vez no que vai de mes que se acadan prezos máximos no vacún maior. O día 12 unha vaca tamén de raza Rubia Galega foi adquirida pola empresa portuguesa Serragados Comércio de Gado por 5.627 euros. Daquela tratábase dun exemplar nado en decembro de 2013 e propiedade dun operador comercial de Verín (Ourense).

Prezo medio do vacún maior

Por outra banda, a Central volveu rexistrar na sesión desta mañá o seu récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior. Se a semana pasada se acadaba o maior prezo medio desta categoría con 1.245,31 euros, hoxe a Central situou este récord absoluto nos 1.295,13 euros. Esta nova marca segue a reflictir a crecente calidade dos exemplares de vacún maior que concorren a este mercado, segundo explican dende a Central.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información