Novidades sobre as axudas de incorporación e plans de mellora: Convocaranse nas vindeiras semanas e contarán cun orzamento de 53 millóns

A conselleira explicou que estes fondos beneficiarán non só aos mozos que presenten unha nova solicitude, senón tamén a aqueles que a pediran o ano pasado e que, debido á alta demanda rexistrada, se integran agora nesta convocatoria. Os mozos que presentaran a súa solicitude no 2025 non terán que volver a rexistrala e garántenselles as mesmas condicións que cando a presentaron. Mañá publicarase no Diario Oficial de Galicia unha das resolucións da convocatoria de 2025, concretamente a destinada a financiar os plans de mellora dos mozos beneficiarios da convocatoria de incorporación do ano 2024, que se puxo en marcha para garantir a viabilidade de todos os proxectos

conselleira pastoriza mozos 2A Consellería do Medio Rural publicará no primeiro trimestre deste ano unha nova convocatoria para favorecer a remuda xeracional, dotada cun orzamento de 53 millóns de euros. Destes fondos, 23 millóns son para apoiar a incorporación de mozos e os 30 millóns restantes para os plans de mellora asociados a esta incorporación. Así o anunciou hoxe a titular deste departamento, María José Gómez, nunha visita á SAT Os Penedos, no concello da Pastoriza, e beneficiaria destas axudas en convocatorias anteriores.

No percorrido pola explotación, no que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, explicou que “no ano 2025 se recibiron numerosas solicitudes para estas achegas, en concreto máis de 460 en conxunto con ambas actuacións”. “Neste contexto, e co fin de dar resposta a esta alta demanda e favorecer a incorporación dun maior número de mozos, lánzase esta ampla convocatoria co fin último de impulsar a remuda xeracional. Polo tanto, estas achegas beneficiarán non só a novos solicitantes, senón tamén aqueles que a pediran no 2025”, explicou a conselleira.

Ademáis, avanzou que os mozos que xa presentaran a súa solicitude non terán que volver rexistrala e criterios como os prazos dos investimentos ou a idade máxima permitida -41 anos- contarán desde a data de presentación do ano pasado. “É dicir, garántense as mesmas condicións que cando presentaron a solicitude”, subliñou.

Resolución dos plans de mellora pendentes

María José Gómez avanzou que mañá mesmo se publicará no Diario Oficial de Galicia unha das resolucións da convocatoria de 2025 destinada a financiar os plans de mellora dos mozos beneficiarios da convocatoria de incorporación do ano 2024 que, ese ano, se quedaran sen ese financiamento. En total, son 65 beneficiarios que recibirán unha achega conxunta de arredor de cinco millóns de euros, “o que supón 76.000 euros por explotación de media e lles garante, en resumo, a viabilidade do seu proxecto”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información