A Casa da Cultura de Boimorto acollerá as Xornadas sobre o Castiñeiro 2026 os días 10 e 11 de abril. Trátase de dúas citas organizadas polo Concello, nas que dende a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos colaboran coa finalidade de ofrecer formación útil e pegada á realidade do terreo para mellorar a xestión das nosas árbores.
O programa arrinca o venres 10 pola tarde cun bloque de charlas para entender os retos cos que lidian a diario. Para iso, contarán con especialistas de distintas universidades e entidades que abordarán temas fundamentais coma o papel das abellas na polinización, a loita contra a podredume da castaña e a tinta, o impacto do cambio climático, o potencial económico da flor e os últimos avances en rega de precisión con hidroinfiltrador. A xornada pecharase cunha degustación de produtos.
O sábado 11 pasarán á parte práctica na que visitarán os soutos para ver in situ a colocación de sistemas de rega e realizar a actividade guiada polos técnicos. En “Aprende nos soutos” ensinarán a ler as necesidades e os síntomas de estrés da árbore directamente sobre o terreo.
Para asistir a estas xornadas o prezo é de 10 euros e as persoas interesadas teñen que inscribirse chamando ao teléfono 981 51 60 20, xa que as prazas son limitadas.

Galego









Control OJD