Novas subas na recría e no vacún maior en Silleda

Os becerros cruzados machos de 2 meses páganse xa a máis de 1.000 euros, mentres que as vacas de categoría extra mantéñense por enriba dos 2.500 euros

terneros carniceros agropecuaria silleda - copiaA Central Agropecuaria de Galicia acadou este martes seis récords, trala suspensión da poxa ao completo do 3 de xuño debido á celebración da feira Semana Verde de Galicia e logo de levarse a cabo unicamente a de becerros de recría o martes pasado.

Catro destes récords foron en transaccións, situándose a facturación total da sesión en 1.952.514€ (a anterior estaba en 1.666.108€ do pasado 27 de maio). Por categorías, a facturación de becerros de recría chegou aos 544.608€ (ata hoxe a cifra máxima estaba nos 530.790€ do pasado 27 de maio), a de becerros carniceiros acadou os 377.456€ (ata esta semana a cifra máxima situábase nos 335.418 € do pasado 27 de maio) e a de vacún maior situouse en 1.030.450€ (ata este martes as maiores transaccións eran de 834.245€, do pasado1 de abril).

A facturación total da sesión aproximouse aos 2 millóns de euros

Estas cifras reflectiron en boa medida os outros dous récords, conseguidos no prezo medio de becerros de recría, onde foi de 729,06€ (ata agora o máximo era de 672,74€, do 27 de maio) e no de vacún maior, onde foi de 2.401,98€ (ata esta semana situábase nos 2.380,65€ do 27 de maio). Ademais, o prezo medio de becerros carniceros foi o cuarto nesta categoría, con 1.559,74€

Tamén a asistencia foi elevada nesta sesión en vacún maior e becerros carniceiros. Así, a afluencia en becerros carniceiros foi a terceira maior da categoría, con 254 animais (o máximo está nos 274 do pasado 11 de marzo), mentres que en vacún maior foi a cuarta, con 452 reses (a máxima afluencia son os 510 animais do 3 de maio de 2022).

Silleda 17_06_2025 recria

Con respecto á semana pasada, a suba dos becerros pintos de recría foi de 76 euros no caso dos machos de menos de tres semanas de vida, 33 € nos de 21 a 50 días e 31 € nos de máis de 50 días. Nos xatos de cruce industrial, a revalorización foi de 45 € nos becerros machos de 15 a 20 días, de 54 € nos de 21 a 50 días e de 155 € nos de máis de 50 días, que superaron os 1.000 euros de media (1.009,66 €). 

Silleda 17_06_2025 vacun maior

O vacún maior sumou unha importante asistencia, cun cento de animais máis que na última poxa celebrada, a do 27 de maio. Aínda así, as vacas de categoría extra e de categoría primeira lograron manter os bos prezos, mesmo cunha leve melloría de 5  e 12 euros respectivamente. 

Silleda 17_06_2025 becerros carniceiros

O comportamento dos becerros carniceiros foi o contrario, malia que levaba sen celebrarse poxa tamén desde o pasado 27 de maio. Os machos de raza frisoa baixaron 222 €, mentres que os de cruce industrial perderon de media 205 euros por animal, unha baixada menos acusada nas femias, que descenderon 17 euros. 

Silleda 17_06_2025 mesa de prezos

No que respecta ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, o porcino mantén a tendencia da semana pasada, cunha nova suba nos porcos cebados e un novo descenso no valor dos bacoriños, que  perderon outros 3 €. Ovos, galiñas e coellos manteñen prezos. 

Pódese descargar o pdf completo das cotizacións desta semana no seguinte enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información