Novas parcelarias nos concellos de Abadín e Trasmiras que reordenarán 1200 hectáreas

Novas parcelarias nos concellos de Abadín e Trasmiras que reordenarán 1200 hectáreas

Xuntanza do conselleiro de Medio Rural cos veciños de Abadi´n

A Consellería do Medio Rural ven de aprobar dúas novas parcelarias no concello lugués de Abadín e no ourensán de Trasmiras, que reordenarán 813 e 293 hectáreas, respectivamente.

Precisamente, o titular de Medio Rural, José González, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co alcalde de Abadín, José María López, mantiveron hoxe unha reunión cos veciños da parroquia de Moncelos para presentarlles a nova concentración parcelaria decretada nesta zona, en setembro do ano pasado. Así, este proceso permitirá reorganizar a estrutura territorial de 813 hectáreas de superficie, beneficiando 630 titulares e cun orzamento previsto de 2,5 millóns de euros.

A parcelaria de Moncelos é unha das 28 concentracións decretadas pola Xunta desde o ano 2021 e ata a actualidade, a última -Escornabois, en Trasmiras- aprobada onte mesmo no Consello da Xunta. Estas suporán a reestruturación de máis de 22.800 hectáreas distribuídas en case 110.000 parcelas de algo máis de 16.000 titulares. Concretamente, na provincia de Lugo foron dez as decretadas nos concellos de Outeiro de Rei, Friol, Castro de Rei, Becerreá, Castroverde e Cospeito.

No caso da de Trasmiras, decretada na parroquia de Escornabois, reorganizará unha superficie de 293 hectáreas repartidas en 2.632 parcelas propiedade de 711 veciños.

O municipio de Trasmiras sitúase na comarca da Limia, que destaca pola importancia do seu sector primario cunha importante implantación de explotacións gandeiras, ademais de cultivos de pataca, millo, cereal e hortícolas extensivos.

De feito, neste concello desenvolvéronse un total de cinco procesos de reordenación parcelaria (Chamusiños, Trasmiras, Viladerrei, Vilar de Lebres e Zos), que supuxeron unha superficie total de 4.293 hectáreas concentradas cun resultado total de 7.230 predios de substitución e 5.258 propietarios beneficiados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información