Novas alternativas de financiación entre a D.O. Monterrei e Abanca para afrontar os retos do sector

O Consello Regulador desta Denominación de Orixe e a entidade bancaria renovaron o convenio entre ambas, e traballaron nun novo texto moi centrado en dar respostas ao aumento dos custos de produción, así como ás necesidades do colectivo vitícola

Publicidade
Novas alternativas de financiación entre a D.O. Monterrei e Abanca para afrontar os retos do sector

O C.R.D.O. Monterrei e Abanca renovaron o convenio entre ambas entidades, aproveitando para traballar nun novo texto centrado en dar respostas á situación que está vivindo o campo, moi marcada polo aumento dos custes de produción. Desde este momento, os viticultores e bodegas poden acceder ás novas alternativas de financiación deseñadas para facer fronte ás necesidades do colectivo.

O foco do novo catálogo recae, entre outras, no crédito, polo que se inclúen produtos con condicións melloradas na contratación . Dentro destes destaca unha conta creada para financiar os gastos de abono, fertilizantes, poda e outros aspectos da actividade do sector. Con todo isto, contarán cun prazo de ata cinco anos, cuestión que lles permitirá aforrar gastos de intervención notarial. Ademais, os integrantes da D.O. Monterrei tamén optarán a produtos como liñas de comercio exterior, financiación mediante leasing, confirming, factoring, avais e anticipos de subvencións ou impostos.

Na xuntanza da presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, e a directora de zona de Abanca en Ourense Sur, María José Pérez, encargadas de asinar o novo convenio, expuxeron que “no caso de poñer en marcha inversións para mellorar a competitividade das súas explotacións agrarias, medrar ou afrontar retos estratéxicos, o colectivo contará con outras solucións como préstamos específicos con prazos de amortización amplos e intereses baixos”. Ademais, poderán aproveitar as fórmulas de financiación oficiais que o banco inclúe nos convenios con diversos organismos públicos.

Abanca porá a disposición dos viticultores seguros específicos para o sector, como a liña Agro Seguro, o Seguro de Explotación Agraria ou o Pyme Bodegas. Para xestionar isto, a entidade financeira ofrecerá aos integrantes do Consello Regulador persoal especializado na xestión de seguros para que os asesores sobre as pólizas que mellor se adapten a cada caso concreto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información