Nova suba dos becerros pintos en Silleda

Os xatos de recría de raza frisoa volven subir máis de 20 euros en todas as categorías, mentres os de cruzamentos cárnicos tamén o fan uns 50 euros, agás os machos de máis de 50 días

Becerros de recría

Becerros de recría nas instalacións da Central Agropecuaria de Galicia en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou na sesión deste martes o segundo prezo medio máis alto deste mercado na categoría de becerros de recría, con 670,91€, só superado polo prezo da poxa de fai 15 días, a primeira trala sinatura da paz entre tratantes e organización, o pasado 27 de maio, que se situou nos 672,74€ de media. 

Todas as categorías de raza frisoa subiron esta semana. En concreto, nos machos de 15 a 20 días a suba foi de 20 euros; nos de 21 a 50 días de 27 euros e nos de máis de 50 días de 42 euros. 

Tamén subiron os becerros machos de cruce industrial de menos de tres semanas 77 euros e 15 euros os de 21 a 50 días. No caso das femias, as subas foron de 53 e 64 euros respectivamente nestas categorías. En canto aos xatos de recría máis grandes, os machos cruzados de máis de 50 días caeron 45 euros e as femias subiron 20. 

Silleda 10-6-25 recria

Esta semana non se levaron a cabo as poxas de vacún maior e becerros carniceiros debido á celebración dende o pasado xoves e ata o domingo da 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Segue baixando o porcino leitón

Silleda 10-6-25 Mesa de PrezosEn canto á Mesa de Prezos do resto de especies gandeiras, volveu baixar unha semana máis o porcino leitón, en concreto 1,5 euros por animal, seguindo a tendencia das últimas sesións. O resto de cotizacións (porcos cebados, ovos, galiñas e coellos) mantiveron os niveis da semana pasada. 

Pódese descargar o pdf coas cotizacións desta semana neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información