Nova suba de prezos na IXP Ternera Gallega

Por cuarta vez nun mes, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron por maioría subir 0,02 € os prezos das canais de todas as clases e as categorías desta carne na xornada do Mercado Nacional de Gando de Amio.

Na xornada deste 27 de agosto, a asistencia de gando foi de 1.526 reses, 402 más que a da última sesión. En total accederon ao recinto 1.311 cabezas de vacún menor (442 menos que na sesión anterior); 71 de vacún mediano (6 máis que na sesión anterior) e 144 de vacún grande (34 animais máis que na sesión anterior).

Da enquisa realizada entre os usuarios habituais do Mercado Nacional de gando dedúcese que baixaron de media 15 euros por animal os prezos dos becerros de recría de raza Frisoa e de cruces.

Captura de pantalla 2025-08-27 205053 Captura de pantalla 2025-08-27 204958 Captura de pantalla 2025-08-27 205022 Captura de pantalla 2025-08-27 205042

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información