A asistencia de gando á sesión desta semana en Amio foi de 1.278 reses, 79 menos que á do pasado 24 de setembro.
Houbo 1.099 cabezas de vacún menor (67 menos que na sesión anterior); 40 de vacún mediano (12 menos que na sesión anterior) e 139 de vacún grande (igual que o pasado mércores).
En canto ao gando que concorreu esta semana ao recinto feiral, da enquisa entre as persoas usuarias do mercado conclúese que se manteñen igual que na sesión anterior, tanto para a recría, como para os becerros e vacún maior para matadoiro.
A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade dos vogais asistentes subir 0,06 euros por kilo os prezos de todas as canais de ambas categorías Suprema e Tenreira.
Máis información:

Galego









Control OJD