Nova suba de dous céntimos en Ternera Gallega Suprema

Vacun maior Mercado de amio

Por segunda semana consecutiva, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,02 € por quilo os prezos das canais da categoría Suprema.

No que respecta ao mercado, detectouse unha tendencia á baixa nas cotizacións de vacún maior para matadoiro. En canto ao resto de categorías de gando que concorreron na última xornada, da enquisa que se realiza entre os usuarios habituais do recinto feiral, deduciuse que se manteñen os prezos da sesión anterior para o gando de
recría e o mediano de matadoiro.

A asistencia de gando a esta última sesión foi de 1.331 reses, 23 menos que á do pasado 16 de xullo. En total houbo 1.146 cabezas de vacún menor (catro máis que na sesión anterior); 70 de vacún mediano (unha menos que na sesión anterior) e 115 de vacún grande (26 reses menos que na sesión anterior).

Pódense consultar as cotizacións completas na seguinte táboa:

COTIZACIÓNS 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información