Nova presidenta á fronte de OVICA

María Jesús Crespo Bouzón lidera a nova etapa da asociación co impulso de novos grupos de traballo para afrontar os retos do sector

Nova presidenta á fronte de OVICA

Maria Jesús Crespo, presidenta de OVICA.

Na última asemblea de OVICA (Asociación de Criadores e Criadoras de Ovino e Caprino de Galicia), que tivo lugar no pasado mes de marzo, levouse a cabo unha renovación parcial da xunta directiva, incluíndo a elección dunha nova presidenta.

María Jesús Crespo Bouzón foi escollida como presidenta de OVICA, tomando o relevo de Luis Miguel Rivera Otero, quen ocupaba o cargo ata o momento. Desde 2017, María Jesús é titular dunha granxa de ovino situada no concello coruñés de Aranga e forma parte da asociación desde ese mesmo ano.

Xa con María Jesús á fronte, a nova xunta directiva puxo en marcha diversos grupos de traballo destinados a afrontar os principais desafíos do sector. Entre as áreas prioritarias destacan a comercialización de años e cabritos, a xestión da la e a promoción e impulso da formación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información