Nova parcelaria no concello lugués do Páramo para reorganizar 933 hectáreas

Nova parcelaria no concello lugués do Páramo para reorganizar 933 hectáreas

O Consello da Xunta aprobou na súa xuntanza semanal un novo decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública a concentración parcelaria de Friolfe, no concello lucense do Páramo.

Deste xeito, reorganizarase unha superficie de 933 hectáreas repartidas en 1.618 parcelas propiedade de 211 veciños.

Este novo decreto de concentración parcelaria declárase mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción. De feito, o municipio do Páramo sitúase na comarca de Sarria, que destaca pola importancia do seu sector primario cunha importante implantación de explotacións gandeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información